Arpa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17:
Pero tamén os pobos xermánicos semella que tiveron unha longa tradición arpista, de feito '''a palabra arpa é un xermanismo''', no caso inglés, harp, ven do antigo anglosaxón, tamén os pobos viquingos e resto de pobos xermánicos comparten a mesma raíz, que significa tanxer ou “arrincar” e fai referencia a técnica para tocar o devandito instrumento, hai referencias do mesmo nos escritos anglosaxóns do libro "Paráfrase Métrica de Caedmon da Historia da Escritura", do século XI, no que aparece o personaxe bíblico '''Xubal''' tocando unha arpa moi similar á gaélica. No século XIII ''a palabra arpa facía referencia só a unha arpa de forma triangular, moi similar á das pedras picto-escocesas.''
 
Moitos britóns/britanos chegaron á Armórica dende século V entre eles moitos [[misioneiros]] que progresivamente converteron aos indíxenas da Armórica en cristiáns, foi unha migración masiva e remataron por trocarlle o nome a esa terra, Bretaña, terra de britóns, máis tarde chamados bretóns. Estes britóns fuxían das invasións de anglos, saxóns e xutos, os cales progresivamente os presionaron (Caso da Cornualla e Gales) cara ao sur, partindo vía [[Mar Céltico]] a terras continentais, é posible, e moitos así o pensan, que a arpa bárdica puido chegar á Bretaña na man destes britóns, deste xeito a '''arpa medieval bretoa''' tería a súa orixe na '''arpa bárdica'''. Moitos apuntan que esta foi a decisiva introdución no continente, destas arpas bárdicas, que non só chegaran con estes britóns, senón tamén da man de bardos gaélicos que tocaban nas cortes de moitos reis; é o caso documentado do arpista Cadiou do duque bretón Höel II en 1079 ou a coroación de Ricardo I (corazón de león) da [[Inglaterra]], na cal participaron bardos bretóns coas súas arpas e tamén bispos irlandeses como Albin O'Molloy. Estes britóns, aínda que en menor cantidade, tamén chegaron a Galiza, mesmo fixeron no norte de Lugo unha provincia, a [[Britonia]], e temos constancia da existencia do seu bispo [[Maeloc]], quizais eles puideron introducir a súa arpa bárdica na Galiza sueva como puido ser o caso da Breteña, o feito é que a arpa gótica débese moito á bárdica na súa estrutura estilizada e con forma de delta, a hipótese máis aceptada é que esta chegara a [[Galiza]] vía peregrinación a Compostela, é o máis posible, de tódolos xeitos queda a hipótese bretoa que se é posibeposible na Bretaña por qué non na Bretaña da Galiza, por desgraza a destrución do Bispado Bretón fai imposible ter información fiable dos nosos bretóns.
 
== Véxase tamén ==