Frauta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dexbot (conversa | contribucións)
m Bot: Parsoid bug phab:T107675
Liña 50:
| apelidos = Wilford | nome = John N. | authorlink = | coauthors = | título = Flutes Offer Clues to Stone-Age Music | revista = The New York Times | volume = 459| issue = 7244| páxina = 248–52| publisher = | location = | data = xuño 24, 2009 | url = http://www.nytimes.com/2009/06/25/science/25flute.html |dataacceso=18 de marzo de 2012| pmid = 19444215| doi = 10.1038/nature07995 | id = |bibcode = 2009Natur.459..248C }}. Citation on p. 248.</ref> Os científicos tamén suxeriron que o descubrimento desta frauta pode axudar a explicar a probable diferenza cognitiva e comportamental entre os [[Home de Neanderthal|Neanderthais]] e os primeiros humanos modernos.<ref name=BBC/>
 
<nowiki> </nowiki>Aínda que esta é a mellor conservada das que atoparon neste lugar, tamén se lle atoparon outras feitas con un cabeiro de [[mamut]], unha delas con tres buracos. Unha antigüidade de entre 30.000 e 37.000 anos é a que se atribúe á frauta ou chifre feita cun cabeiro de mamut que se atopou na cova de Geißenklösterle, en [[Alemaña]] , preto de [[Ulm]]<ref>[http://www.ox.ac.uk/media/news_releases_for_journalists/120524.html ‘Earliest musical instruments were first produced in Europe 40,000 years ago’] Universidade de Oxford (consultado o 6 de outubro de 2012){{en}}</ref> en 2004. Aproximadamente da mesma época datan outras dúas frautas, estas feitas con óso de [[cisne]], que se descubriron unha década antes na mesma cova alemá, e ás que se atribúe unha antigüidade duns 36.000 anos. Estas atoparíanse entre os instrumentos máis antigos que se coñecen, o que permite afirmar que a frauta (ou o chifre) sería o instrumento máis antigo da humanidade. Outras frautas igualmente do [[paleolítico]] con antigüidades entre os 20.000 e 25.000 anos xa consideran as dúas grandes tipoloxías de embocadura, segundo o bisel estea practicado no extremo do tubo sonoro ou no interior deste. Entre os primeiros, progresivamente, fóronse desenvolvendo diversos tipos de bisel segundo tivera ou non tivese unha marca, que podería ter formas diversas (rectangular, ovoidal, triangular...). Son posteriores os tipos de frauta con burato lateral.<ref>Gran Enciclopèdia de la Música. Barcelona, GEC</ref><ref>Andrés, Ramon (1995): Diccionario de Instrumentos Musicales. Barcelona, Bibliograf</ref> No período [[Auriñaciense]] estes instrumentos, agora cunhas perforacións laterais, empezáronse a prodigar máis, e proliferaron uns 5.000 anos máis tarde, no [[magdaleniano]].
 
A [[frauta travesa]] apareceu con posterioridade aos chifres e frautas rectas. A máis antiga conservada é un'' chi'' (篪|) que foi descuberto na tumba do marqués Yi de Zeng, en [[Suizhou]], na provincia chinesa de [[Hubei]]. Data do 433 antes de Cristo, durante a dinastía Zhou. Está feita de bambú e decorada con lacados, ten os dous extremos tapados e ten cinco buracos. As frautas chi aparecen mencionadas no [[Shi Jing]], que foi recompilado e editado por [[Confucio]].