Metro (transporte): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
Estes sistemas operan sobre distintas liñas que compoñen unha rede, deténdose en estacións non moi distanciadas e localizadas a intervalos xeralmente regulares. O servizo é prestado por varias unidades de [[vagón]]s eléctricos que circulan nunha formación sobre [[vía férrea|vías]]. Normalmente intégranse con outros medios de transporte públicos e, moitos son operados polas mesmas autoridades de transporte público.
 
O metro é un sistema de transporte máis rápido e con maior capacidade que o [[tranvía]] ou o [[tren lixeiro]], pero non é tan rápido nin cobre distancias de longo alcance longo como o tren suburbano ou de [[Proximidades Renfe|proximidade]]. É indiscutible a súa capacidade para transportar grandes cantidades de persoas en distancias curtas con rapidez, cun uso mínimo do chan.
 
A pesar de que a tendencia expansiva das redes de metro das grandes cidades levounas a conectar con outros núcleos de poboación periféricos da [[área metropolitana]], o tipo de servizo que prestan segue sendo independente e distinguible do que prestan outros sistemas de transporte ferroviarios.