Terremoto de Lisboa de 1755: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎O terremoto: Antonio Allegri da Correggio
Liña 7:
 
== O terremoto ==
O terremoto tivo lugar na mañá do 1 de novembro, o [[día de Todos os Santos]] para os [[Igrexa Católica|católicos]]. Os informes contemporáneos indican que o terremoto durou entre tres e medio e seis minutos, producindo fendas xigantescas de cinco metros de ancho que se abriron no centro de cidade. Os superviventes fuxidos na procura de seguridade ao espazo aberto que constituían os peiraos puideron observar como a auga retrocedía, revelando o leito do mar, cuberto de restos de carga caída ao mar e os vellos naufraxios. Varias decenas de minutos despois do terremoto, un tsunami enorme con olasondas de entre 6 e 20 m enguliu o porto e a zona centro, subindo augas arriba do río [[Texo]]. Foi seguido por dúas ondas máis. Nas áreas non afectadas polo tsunami, os incendios xurdiron rapidamente, e as lapas asolaron a cidade durante cinco días.
[[Ficheiro:Convento do Carmo ruins in Lisbon.jpg|miniatura|esquerda|220px|Ruínas do Convento do Carmo en Lisboa]]
Dunha poboación lisboeta de 275.000 habitantes, ata 90.000 resultaron mortos. Outros 10.000 morreron en [[Marrocos]]. O 85% dos edificios de Lisboa resultaron destruídos, incluíndo pazos e famosas bibliotecas, así como a maioría dos exemplos da arquitectura [[estilo manuelino|manuelina]], distintiva do século XVI portugués. Varios edificios que sufriran poucos danos a causa do terremoto foron destruídos posteriormente polo lume. O recentemente estreado teatro da ópera (inaugurado soamente seis meses antes), resultou destruído polo lume ata os seus alicerces. O Palacio Real, situado xunto ao río Texo onde hoxe se atopa o ''[[Terreiro do Paço]]'', foi destruído polos efectos sucesivos do terremoto e o tsunami, do mesmo xeito que o Teatro Real do Paço da Ribeira, situado fronte ao pazo. Dentro deste, a biblioteca real que constaba duns 70.000 volumes, así como de centenares de obras de arte, incluíndo pinturas de [[Tiziano]], [[Rubens]] e [[Antonio Allegri da Correggio|Correggio]], resultou destruída.