Comisario político: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 18:
A 10 de maio de 1937, durante o Gran Purga de Stalin, a institución de comisarios militares foi restaurada. En agosto de 1940, a institución foi abolida novo. Consellos militares continuou funcionando durante os primeiros días da guerra e alén. En xullo de 1941, tras as derrotas que o Exército Vermello estaba sufrindo durante ese período, no inicio da Gran Guerra Patriótica, os comisarios políticos apareceron de novo como unha medida desesperada, sendo abolidos en 1943, entre outras cousas por que o exército alemán tiña a orde de executalos no momento sen consideralos prisioneiros de guerra.
== Comisarios políticos na Guerra Civil Española ==
Os antecedentes dos comisarios políticos españois foron os comités<ref>"Les commissaires politiques d lármee de la republique espagnole"Luc R., París 1939 </ref>de Frente Popular nas milicias de partido, sindicato, nacionalidade,etc a persoa responsable de representar a este comité ante o mando militar recibiu o nome de comisario político, que apareceron nas unidades de milicias mais influenciadas polo PCE,PSOE e JSU, a presenza de comisarios xa era evidente<ref>"Il V reggimento" Vidali, Vittorio. ed La Pietra Milano 1976</ref> polo que o goberno de Largo Caballero os institucionaliza en Outubro de 1936, que crea un Comisario xeral de Guerra.
A estrutura do comisariado español consistía nun Comisario xeral e catro subcomisarios<ref>"los comisarios políticos en el ejército popular de la República" álvarez,Santiago. Ediciós do Castro 1989</ref>, cada un destes representaba a un dos partidos políticos da Frente Popular así como a centrais sindicais<ref>"Los comisarios políticos en la guerra civil española" Nesterenko, Ediciones Progreso, Moscú</ref>. Debido a que a Brigada Mixta era a unidade básica do Exército republicano e polo tanto existían comisarios de Brigada, Batallón e Compañía. O 6 de xaneiro de 1937 o goberno de Largo Caballero promulga unha orde sobre os distintivos dos comisarios políticos mentres existía todavía un debate en todo o territorio real á hora de superar as ideas anarquistas contrarias a uniformización, xerarquía e disciplina entre as milicias, reacias a fusionarse nun exército. Os distintivos dos comisarios políticos eran distintivos en forma de estrela de cinco puntas nunha circunferencia en vermello e uns galóns rectangulares para amosar a súa xerarquía dentro do comisariado; nos primeiros meses da súa existencia oficial foron uniformados cun uniforme marrón, pero debido a que debían ser exemplo para os demais e eren un branco fácil pasaron a adoptar a cor caqui igual co resto do exército republicano.
O nome oficial do Comisariado era de ''Comisario de Guerra'', e o comisario político era o ''comisario delegado'', ao igual cos militares eran dependentes do Ministerio de Guerra. Os comisarios políticos nas Brigadas Internacionais tiñan a mesma organización co exército republicano e seus comisarios políticos eran comisarios propios e elexidos polos brigadistas, sendo seu Comisario xeneral Luigi Longo durante toda a guerra.
|