François Boucher: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 11:
 
== Caracteres da súa obra ==
[[Ficheiro:Fran%C3%A7ois_Boucher_026.jpg|miniatura|300px|''Marie-Louise O'Murphy'', xove amante de [[Luís XV de Francia|Luís XV]], 1752, ''Alte Pinakothek'', [[Múnic]].]]
 
A súa obra está inspirada en artistas como [[Antoine Watteau|Watteau]] e [[Peter Paul Rubens]]. As súas primeiras obras celebran a tranquilidade da natureza e a evasión que outorga o campo.
 
Mais o seu traballo esquece a inocencia tradicionalmente atribuída ao campesiño, impregnando as escenas con suxestións de erotismo, e as súas escenas mitolóxicas son apasionadasapaixoadas e amorosas, en lugar das típicas composicións épicas que predominaban.
 
A [[marquesa de Pompadour]], que era sinónimo da arte rococó, era unha grande admiradora da obra de Boucher, e é nos retratos desta onde o pintor mostra con maior claridade o seu estilo.
 
En cadros como "O almorzo", de [[1739]], mostra unha esceaescena familiar con grande mestría, usando os membros da súa propia familia como modelos.
 
Este estilo intimista contrasta coas imaxes explícitas que pinta nos retratos das [[odalisca]]s, como se pode ollar na ''Odalisca morena'' (ca. [[1740]]). O rostro da muller é o de a súa propia esposa ([[Diderot]] dixo que Boucher estaba "prostituíndo á súa dona",<ref>Denis Diderot (1984), pp. 119-120.</ref> e, segundo lendas, o traseiro era o de [[Madame de Pompadour]]).