Banda Municipal de Silleda: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
lig int |
→A Banda vella: Engado info Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil |
||
Liña 40:
Durante unha década estivo formada por unha decena de músicos, entre os que destacaron Ramón do Agriño, González (pai de Florentino González, o cal sería posteriormente director da agrupación), Xaquín de Negreiros, Salvador de Lázara, Benito Soto de Ponte (pai do clarinetista José Soto, membro da banda entre os anos 20 e os anos 70) ou José Castro '"O Saltón". A partir de [[1920]], a formación pasou a denominarse '''Banda de Silleda''' e a ter os seus ensaios no lugar do [[O Foxo, Silleda, Silleda|Foxo]], na parroquia de Silleda.
Directores como o antes citado Florentino González, Luis López Brey, percusionista de [[Chapa, Silleda|Chapa]]; ou o bombardinista de Ponte Juan Vázquez Orza levaron a batuta da banda ata que na década de [[1940]] asumiu o cargo Francisco Beristain, que xa dirixira as de Alongos e [[Banda Artística de Merza|Merza]] anteriormente. Sobre [[1950]], chegarou á banda o vasco Tomás Beteta, que se mantivo no cargo 6 anos. Tras el, pasaron pola dirección Antonio Amigo Ramos, Antonio Vaquero ou Calatayud, entre outros. Dez anos despois de seu pai, asumiu a dirección Ernesto Beteta Garmendia, a quen seguiu o bombardinista José Villaverde Gómez, ex-membro da [[Banda de música de Orazo|banda de Orazo]]. Mais tarde, en [[1968]], a batuta caeu en mans de Manuel Daniel Sánchez, ex-director da [[Banda de música de Bermés|banda de Bermés]]. Tras el, a agrupación foi dirixida por Ubaldo Núñez Rivas e, entre [[1973]] e [[1977]], de novo por José Villaverde, co cal desaparecereu a finais de 1977. Queda entón o concello de [[Silleda]] sen ningunha banda de música.
=== Recuperación e nova formación ===
|