Super Audio CD: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m ref
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
É un híbrido [[disco compacto|CD]]-[[DVD]], é dicir, é un formato de disco compacto que utiliza o mesmo tamaño de sectores, sistema de corrección de erros, modulación e sistema de arquivos ([[Universal Disk Format|UDF]] e [[ISO 9660]]) que un DVD.
 
Aínda que utiliza a tecnoloxía DVD, o SACD non pode ser reproducido en calquera lector DVD (en ningún dos tipos universal, [[DVD-Video|vídeo]], [[DVD-Audio|son]]), posto que non utiliza o mesmo tipo de codificación de son do disco DVD. Tamén, aínda que está concebidoconcibido só para son, permite reservar unha zona dentro do disco para outros datos e permite incluír vídeo, texto, gráficos etc.
 
O SACD utiliza un sistema de codificación de son dixital chamado [[Direct Stream Digital]] (DSD), unha [[modulación sigma-delta]] a 1 bit, feito por [[Sony]], cunha frecuencia de mostraxe de 2.822.400 Hz (2,82 MHz), o que significa que toma 2,8 millóns de mostras dun único bit ([[Modulación PDM]]) por segundo. Esta é 64 veces maior que a taxa de mostraxe do CD, que é de 44.100 Hz (44,1 kHz) e 14,7 veces maior que a da dun DVD-Audio, que vai até 192.000 Hz (192 kHz).