Élan Béarnais Pau-Lacq-Orthez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 31:
Os seguintes grandes títulos conseguidos polo club foron os seus primeiros títulos de [[LNB Pro A|liga]], conseguidos de forma consecutiva en 1986 e 1987. Isto valeulles a entrada para xogar na [[Euroliga]]. A pesar da súa condición de novatos, o Pau-Orthez está a piques de chegar á final, acabando finalmente no terceiro posto da competición tan só por detrás dos campións, o [[Olimpia Milano]] e [[Maccabi Tel Aviv B.C.|Maccabi Tel Aviv]]. De feito, o club acabaría a competición invicto como local, onde venceron a clubs como o [[Žalgiris Kaunas]], o [[Real Madrid Baloncesto|Real Madrid]] ou os Maccabi e Milano. Desde aquela, o Élan Béarnais participou en competicións continentais de forma consecutiva até 2008, polo cal teñen o récord europeo cunha serie de 31 anos (1977–2008).
 
Sendo o club dunha pequena vila de 12.000 habitantes ao pé dos [[Pireneos]], o feito de se converter nunha potencia do baloncesto europeo obrigou ao club a trasladarse a unha cidade máis grande. En 1989 o club muda o seu nome a Élan Béarnais Pau-Orthez, e 1991, tras a construcciónconstrución do Palais des Sports, trasládase a [[Pau]]. Este movimiento foi posíbel principalmente grazas aos esforzos de dous hombres: Pierre Seillant, cargo electo de Orthez e presidente durante moitos anos do club, e André Labarrère, o entoncesdaquela alcalde de Pau. Os dous homes estaban onfrontados no ámbito político, mais grazas á súa colaboración foi construído o Palais, que aínda hoxe o pavillón exclusivamente adicado ao baloncesto máis grande do país, e evitouse que o club abandonase a rexión de [[Béarn]].
 
No [[2008]], con [[Didier Gadou]] e [[Claude Bergeaud]] á súa cabeza, o club converteuse no '''Élan Béarnais Pau-Lacq-Orthez''' reforzando a identidade bearnesa. Incluíndo á cidade de [[Lacq]], localizada ao lado de [[Pau]].