Batalla de Verdún: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 53:
O 25 de febreiro Petain tomou a decisión de cambiar as liñas defensivas. Solicitou reforzos inmediatos e masivos. Reforzáronse as estruturas defensivas principais e desprazáronse divisións dende outros puntos da fronte. O 20º Corpo francés ocupou posicións ao nordeste de Verdún, para poder iniciar contraataques fronte os flancos alemáns.
 
O 29 de febreiro os alemáns reiniciaron o ataque na cidade de Douamont, pero non apenas puideron avanzar fronte á obstinada defensa francesa por parte do 33º reximentorexemento de infantería. No transcurso do combate foi capturado [[Charles de Gaulle]], neste momento ao mando dunha compañía. A resistencia freou o avance alemán, permitindo a chegada de 90 000 homes e 23 000 toneladas de material bélico por vía ferroviaria, na que se coñecería coma vía sagrada. Nos seguintes días o avance alemán seguiu freándose debido aos bombardeos, que converteran toda a área nun inmenso lodazal, no que avanzar era moi custoso. O 2 de marzo, os exércitos alemáns tomaron Douamont perdendo uns 2000 homes. O V Exército alemán viuse moi afectado, resultando case perdidos 4 rexementos de infantería.
 
O avance frontal volveuse imposible, e os alemáns optaron por atacar ambos flancos. O 6 de marzo atacaron os outeiros de Le Mort Homme e o outeiro 304 o 20. Le Mort Homme foi tomado, despois perdido fronte a un contrataquecontraataque francés e finalmente ocupado por segunda vez o día 9. Durante o avance cara estas dúas formacións os alemáns tomaron as vilas de Cumières e Chattancourt.
 
==== Maio - Xuño 1916 ====