Batalla de Verdún: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:1916 mediante HotCat
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 42:
Durante os últimos meses de 1915 e xaneiro de 1916, o [[Imperio Alemán]] estaba reunindo pezas de artillaría e tropas en torno á cidade. Para febreiro, reunira 72 batallóns e 1400 metralladoras, ademais de numerosas pezas de artillaría pesada de 14 e 16 polgadas. O mesmo mes, o Alto Mando francés recibiu informes sobre esta concentración e enviou reforzos procedentes do 30 Corpo, a 51ª e 72ª divisións. Totalizou para finais de mes 32 batallóns. Naquel momento non existía unha liña continua de arames nin outras defensas estáticas.
 
==== Febreiro - Abrilabril 1916 ====
O ataque estaba planeado para o 12 de febreiro, pero a chuvia e o lodo impedírono. Finalmente foi lanzado no 21 de febreiro ás 7.15 am tras un bombardeo de artillaría pesada que durou 10 horas e empregou aproximadamente 1 000 000 de proxectís. A descarga ao longo duns 40 quilómetros destríu moitas trincheiras, defensas e liñas telefónicas. Inmediatamente despois, tres corpos de exército alemán (3º, 7º e 18º) avanzaron dende diversos puntos, armados con lanzachamas. Na vangarda situáronse as tropas de asalto, que se acababan de crear, dispoñían de metralladoras lixeiras e granadas de man. Non obstante, os franceses resistiron na fronte causando 600 baixas alemás.
 
O 22 de febreiro as tropas de asalto conseguiron empuxar as tropas alemás cara [[Samogneux]], [[Beaumont-en-Auge]] e [[Ornes]]. Asaltaron ademais a cidade de Haumont, pero non puideron tomala.
 
O 23 de febreiro, os franceses emprenderon un contraataque Bois des Caures, que foi repelido. Os combates continuaron en torno a Haumont, en Bois de l'Herbebois, pero os alemáns foron capaces de rodear aos franceses e tomar a vila. En Samogneux os galos retiveron o control da cidade tras combates moi duros. Nas outras áreas os alemáns seguiron empurrando aos franceses ata a última liña defensiva.