El País: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 102:
Aqueles acontecementos, e o triunfo por maioría absoluta do [[PSOE]] nas eleccións de [[1982]], facilitaron que ''El País'' se consolidara, durante os anos 80, como líder indiscutible da prensa española, fronte a ''[[ABC (xornal)|ABC]]'', de tendencia máis conservadora, o seu principal rival naqueles anos.
 
Ó prestixio de ''El País'' contribuíu o seu rigoroso tratamento das normas xornalísticas e o feito de que fose o primeiro xornal de [[España]] en establecer normas internas de control de calidade. Así, foi o primeiro diario español en crear a figura do "[[Defensor do lector]]" (''Press Ombudsman'') e en redactar e publicar un ''Libro de Estilo'' que se convertiuconverteu en referencia, e continúa séndoo, no mundo do xornalismo.
 
''El País'' tamén estableceu varios acordos de colaboración con outros xornais europeos de ideoloxía socialdemócrata. Así, en [[1989]], ''El País'' participou na creación dunha rede común de recursos informativos con ''[[La Repubblica]]'' (Italia) e ''[[Le Monde]]'' ([[Francia]]). Desde outubro de [[2001]] inclúese un suplemento de ''El País'' en inglés na versión española do ''[[International Herald Tribune]]''.