Teherán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: SKOb
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 48:
En [[1795]], [[Agha Mohammed Khan]], primeiro Sha da dinastía Qajar faina capital do [[Imperio Persa]] por motivos estratéxicos (ameaza rusa na fronteira norte). Pero será o seu sucesor, o [[Shah Fath Ali]] o verdadeiro construtor da capital. No Arg, manda construír un conxunto palaciano, o [[Golestán]], e no sueste, xunto ao bazar, unha primeira gran [[mesquita]] para a cidade. Co seu sucesor, o Sha Mohammed ([[1835]]-[[1848]]), Teherán reborda os seus muros con residencias reais e principescas sempre cara ao norte, buscando o clima máis fresco das montañas [[Elburz]] e mellores augas dos seus torrentes. Esta dirección será unha tendencia permanente no futuro crecemento da capital.
 
En [[1871]] o seguinte monarca, o Sha [[Nasseredin]], mandará destruír as vellas murallas e erixir un novo recinto para acoller a expansión, 19km en forma de octógono irregular, unha ducia de portas monumentais <ref>http://www.photoeurasia.com/catalog.php?id=25618&profile=map</ref>. Inspirándose no [[París]] de [[Hausmann]], implementapon en marcha obras para o abastecemento de auga, amplos e rectilíneos viais e grandes prazas (''Tupkhaneh''), co fin de facer de Teherán unha cidade a altura dos tempos.
 
=== Século XX: época pahlavi e revolución islámica ===