Benito Mussolini: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
Aos oito anos foi expulsado da igrexa da súa nai, e algúns anos máis tarde tamén foi expulsado da escola, logo de apuñalar a un compañeiro na man e lanzar un frasco de tinta a un mestre. Porén, recibiu boas cualificacións e graduouse como mestre de escola en [[1901]].
 
En [[1902]] emigrou a [[Suíza]] para escapar do [[servizo militar]]. Durante a súa estancia, ó non poder atopar un traballo permanente, foi arrestado por vagancia e pasou unha noite en prisión. Máis adiante, logo de involucrarse no movemento socialista, foi deportado a Italia, onde foi obrigado a facer o servizo militar. VoltouVolveu a Suíza inmediatamente e alí foi repetidamente expulsado dun [[Cantóns de Suíza|cantón]] a outro polo seu activismo [[Socialismo|socialista]]. En Suíza trabara contacto con destacados revolucionarios e foi formando a súa cultura política baixo a influencia -ás veces contraditoria, de [[Karl Marx]], [[Pierre-Joseph Proudhon]], [[Friedrich Nietzsche]] e [[Vilfredo Pareto]].
 
Regresou a Italia en [[1904]], aproveitando unha [[amnistía]] que beneficiaba a quen desertara do servizo militar, e cumpriu co mesmo nun rexemento de [[Verona]].