Taxiquistán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 566:
[[Ficheiro:1229 chineseBridge1.jpg|miniatura|dereita|Traballadores chineses construíndo unha ponte na estrada entre Dushanbe e Ghuxand.]]
 
O Taxiquistán conta cunha estimación de 30.000 quilómetros de estradas, das que a grande maioría foron construidasconstruídas antes de [[1991]]. Unha artería principal percorre de norte a sur a través das montañas entre a cidade de [[Ghuxand]] (Xushand), no noroeste, e Dushanbe. Unha segunda arteria vai ao leste dende Dushanbe a [[Ghorog]] (Xorogh) na [[Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso]] e logo ao nordés a través das montañas á cidade de [[Ox]] (Oş) en [[Quirguicia]]. Debido a que a ruta Ghuxand–Dushanbe estaba pechada en inverno, construíuse o túnel de Anzob para evitar o paso de montaña e abrir así unha ruta que conecte [[Tashquent|Taxquent]] (Taşkent) (Uzbequistán) e puntos do norte con [[Afganistán]] e [[Paquistán]] ao sur, vía Taxiquistán.
 
A China investiu aproximadamente 720 millóns de dólares en melloras de infraestruturas no Taxiquistán, incluíndo a reconstrución, ensanche e mellora da estrada entre Dushanbé e Ghuxand que dende agosto de 2007 está a usar equipamento chinés para os traballos de reconstrución.<ref>[http://www.eurasianet.org/departments/insight/articles/eav080107a.shtml] TAJIKISTAN: A CHINESE ROAD TO THE FUTURE? ; EURASIANET. (último acceso 20-08-2008)</ref>