Robert Wise: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado imaxe
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Cando era mozo, o principal pasatempo de Wise era ir ao cine e xa no instituto comezou a escribir artigos para o xornal estudantil. A súa carreira cinematográfica comezou como montador de son e música para a [[RKO]], aínda que axiña se interesou máis pola montaxe. Nesta tarefa chegou a conseguir unha candidatura ao [[oscar á mellor montaxe]] por ''[[CitizenCidadán Kane]]''.
 
A súa primeira película coma director foi substituíndo ao director orixinal dun filme de terror, ''The Curse of the Cat People'', en 1944. Nos anos cincuenta moveuse por diferentes xéneros, incluíndo a [[ciencia ficción]] en ''[[The Day the Earth Stood Still]]'' o melodrama en ''So Big'', ou o cine épico de ''[[Helen of Troy]]''. Nos sesenta dirixiu dúas películas baseadas en [[musical|musicais]] que lle deron o [[oscar ó mellor director|oscar ao mellor director]]: ''[[West Side Story]]'' e ''[[Sorrisos e lágrimas]]'', a primeira codirixida con [[Jerome Robbins]]. Seguiu dirixindo películas para cine e televisión ata os 86 anos e ata pouco tempo antes da súa morte tamén participou nas edicións para [[DVD]] dos seus filmes.