Concello de Cotobade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Caronium (conversa | contribucións)
→‎Século XIX: gavacho é pexorativo, mellor francés
Caronium (conversa | contribucións)
Liña 44:
[[Ficheiro:Mapa cotobade.jpg|miniatura|esquerda|200px|mapa do concello.]]
 
Está situado ao oeste ao leste da provincia de Pontevedra. Limita ao norte co concello de [[Campo Lameiro]], ao nordeste con [[Cerdedo]], ao leste con [[Forcarei]], ao sudestesueste coa [[A Lama|Lama]], ao sur con [[Ponte Caldelas]] e ao oeste con [[Pontevedra]].
 
Ten unha extensión de 135,2 km², e conta con 13 parroquias e 135 entidades de poboación. A capital do municipio atópase o lugar da Chan, na parroquia de Carballedo, sen que o seu topónimo corresponda a ningunha entidade de poboación, o cal non é moi frecuente.
 
Hai dúas zonas diferenciadas: As "Terras Altas" son as situadas no val do [[río Almofrei]], cara ao sudestesueste. O río nace no monte do Seixo e desde Caroi discorre limpo por vales frondosos onde abundan as carballeiras e outras masas forestais. Ademais, nos montes de Valongo nace o río Calvelle, que xunto co río Barbeira flúen ao río Verdugo, que formará a ría de Vigo.
 
As chamadas "Terras Baixas", que abarcan o val do río Lérez, que recibe os ríos Cabanelas, Calvelo e o propio Almofrei, o seu afluente máis importante. O Lérez sérvelle de límite ao concello, excepto na parroquia de San Xurxo de Sacos, na que o bordo vén marcado polo río Calvos. Tamén sobresae o [[monte Seixo]], que con 990 metros de altitude é a cota máxima do concello.