Concello de Cotobade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Caronium (conversa | contribucións)
eleccións 2015
Caronium (conversa | contribucións)
→‎Século XIX: gavacho é pexorativo, mellor francés
Liña 69:
=== Idade Contemporánea ===
==== Século XIX ====
Na loita contra os franceses pode dicirse que Cotobade abriu a guerra, ó ataca-los seus habitantes ás guarnicións gabachasfrancesas de Borela, [[San Xurxo de Sacos]] e Tenorio, o [[19 de febreiro]] de [[1809]], obrigando a estas a renderse. Así mesmo o día 20 fan baterse en retirada ás tropas francesas de [[Pontevedra]] que acudían a se desquitaren da acción do día anterior. Posteriormente, o 28 do mesmo mes e ano, atacan a guarnición francesa de Pontevedra e o [[7 de xuño]] toman parte na [[Batalla de Ponte Sampaio]] contribuíndo á derrota das forzas do '''[[Michel Ney|Xeneral Ney]]'''.
 
Nestes feitos destaca a utilización polos veciños de Cotobade do "canón de pau", que consistía nun tronco furado e suxeito con argolas de ferro, e que resistía ata doce canonazos.