Diferenzas entre revisións de «Historia do Brasil»

O terceiro presidente, [[Fernando Henrique Cardoso]], foi elixido en [[1994]] e reelixido en [[1998]]. Fernando Henrique cumpriu dous mandatos e transmitiu, democraticamente, a faixa presidencial ó seu sucesor no 1 de xaneiro de 2003. O entón presidente [[Itamar Franco]] foi elixido, polo PMDB, gobernador do estado de [[Minas Xerais]], nas eleccións de 1998 e non se presentou á reelección, na que o candidato apoiado por el, o deputado Aécio Neves, foi elixido na primeira quenda. O goberno de Aécio Neves comezou marcado por profundas transformacións na estrutura administrativa do estado, con vistas a adecualo á Lei de Responsabilidade Fiscal.
 
[[Ficheiro:20 Años del Mercosur-Iguazu-Sarney-Lula-Kirchner-Alfonsín-Bielsa- 30-nov-05-presidencia-govar-2.jpg|miniatura|dereita|Lula, o primeiro pola esquerda e Sarney, segundo, xunto con outros presidentes sudamericanossuramericanos ([[Kirchner]] e [[Raúl Alfonsín]]).]]
O Presidente Fernando Henrique tentou manter a base aliada de partidos para as eleccións presidenciais de 2002, o que non foi posible. A alianza PSDB-PMDB-PFL-PTB perdeu os dous últimos partidos. O segundo apoiou a [[Ciro Gomes]] e o PFL non lanzou candidatos á presidencia da República. [[Luiz Inácio Lula da Silva|Lula]] e Serra disputaron a segunda quenda en 2002. O candidato [[Luiz Inácio Lula da Silva|Lula]], do PT foi elixido presidente do Brasil con aproximadamente o 61% dos votos válidos.
 
103.099

edicións