Filipe I de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=setembro de 2015}}{{Realeza
{{Realeza
|name=Filipe I, o fermoso
|image=Juan_de_Flandes_004.jpg
Liña 41:
Mortos os infantes Juan ([[1497]]) e Isabel ([[1498]]), así como o fillo desta última, o infante Miguel ([[1500]]), a súa esposa convértese na herdeira de Castela e [[Aragón]]. Morta a raíña [[Isabel a Católica]] (1504), ábrese o problema da sucesión nos reinos casteláns. Pola [[Concordia de Salamanca]] ([[1505]]), acórdase o goberno conxunto de Filipe, [[Fernando o Católico|Fernando de Aragón]] e a propia Xoana. Porén, as malas relacións entre el (apoiado pola nobreza castelá) e o seu sogro, o rei Fernando o Católico, obrigaron a este a renunciar ao poder en Castela para evitar un enfrontamento armado. Pola [[Concordia de Villafáfila]] ([[1506]]), Fernando retírase aos seus estados de Aragón, como rei, e Filipe é proclamado rei de Castela. Hai pois catro monarquías na península neste momento: Portugal, Navarra, Castela-León, Aragón.
 
Entre tanto, Xoana mostra visos de [[loucura]], segundo algúns polos celos que lle producían as infidelidades do marido, polo que sentía un amor tan apaixonado como pouco correspondido. Aínda que as [[Cortes de Castela]] reunidas en [[Valladolid]] se negaron a declarar a incapacidade da raíña Xoana, Filipe I exerce o poder efectivo sen contar con ela. Tradicionalmente ténselle censurado polo favoritismo que demostrou polos seus conterráneos flamengos, así como por repartiren dádivas e prebendas entre os nobres casteláns para buscar o seu apoio; mais é posíbel que iso respondese a unha estratexia dirixida a afianzar o poder real e a pór couto as inxerencias de seu sogro nos asuntos casteláns. A figura que atinxira maior preeminencia no seu breve goberno (máismais non ata consideralo un [[valido]]) foi un escuro nobre, o [[Señorío|señor]] de [[Belmonte, Cuenca|Belmonte]], de nome [[Juan Manuel, señor de Belmonte|Juan Manuel]].
 
En xuño de 1506 desembarcou coa súa muller na [[A Coruña|Coruña]] para dirixirse á [[Pobra de Sanabria]] a reunirse co seu sogro, pasando a noite do día 15 na vila da [[A Gudiña|Gudiña]]. A súa morte, que ocorreu na burgalesa Casa del Cordón, foi tan súbita que correu o rumor de que seu sogro o envelenara. Segundo parece mentres se encontraba Filipe en Burgos, xogando aos [[birlos]], tras a partida, suando aínda, bebeu abundante auga fría, a consecuencia do cal caeu enfermo con alta febre e morreu uns días despois. Porén, os investigadores máis recentes e autorizados atribúen a súa morte á peste. O falecemento do monarca acrecentou a suposta loucura da raíña Xoana.
Liña 65:
===Outros artigos===
*[[Reis de España|Lista de reis de España]]
 
 
[[Categoría:Reis de Castela]]