Shrek 2: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Shrek_2.png" que foi borrado en Commons por Jdforrester. Motivo: Per c:Commons:Deletion requests/Files uploaded by Facu-el Millo
Liña 76:
* Unha das escenas máis hilarantes da película prodúcese cando Shrek, Asno e o Gato con Botas son arrestados e aparecen no programa de televisión ''Cabaleiros'', unha clara referencia ó programa ''Cops''. Tras iso, os seus amigos que os ven por televisión, acoden a salvalos e mentres soa a música de ''[[Misión Imposible]]'', '''Pinocho''' cae polo buraco da cela colgado das súas cordas como o facía o protagonista da película anteriormente nomeada.
 
* Cando a galleta xigante de xenxibre esnaquiza o castelo, é unha referencia a ''[[Os cazafantasmas]]'' e ó videoxogo ''[[The Neverhood]]'', tamén de DreamWorks, no que un inmenso robot debía entrar nun castelo, e acaba sendo derrubado no intento, mentres abre as portas coas súas mans espidas. Tamén ambos perden algo moi querido, o botón de caramelo no caso da galleta e o osiño de peluche no caso do robot. O protagonista debe seguir e abandonalo para ir a polo malvado de quenda, pero ambos aparecen ó final. Ademais, o seu nome é Mongo como o xigante de ''[[Blazing Saddle]]'' (película de [[Mel Brooks]] do ano [[1974]]).
 
* O número musical ''Fairy Godmother Song'' (''Canción do Fada Madriña'') é unha referencia a ''[[A bela e a besta]]'', onde os mobles cantan e bailan.