Auga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Amplío introdución a partir de pt:Água
m arranxiño
Liña 2:
[[Ficheiro:H2O (water molecule).jpg|miniatura|dereita|H<sub>2</sub>O, molécula de auga.]]
[[Ficheiro:Water molecule dimensions.svg|miniatura|dereita|Diagrama da molécula de auga coas dimensións.]]
A '''auga''' é unha [[substancia química|substancia]] cuxas [[molécula]]s están formadas por dous [[átomo]]s de [[hidróxeno]] e un de [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]], xa que logo a súa [[Fórmula química|fórmula]] é H<sub>2</sub>O. É abundante no [[Universo]], inclusive na [[Terra]], onde cobre gran parte da súa [[Codia terrestre|superficie]] e é o maior constituínte dos fluídos dos [[seres vivos]]. As temperaturas do planeta permiten a ocorrencia da auga nos seus tres [[Estado de agregación da materia|estados físicos]] principais, pasando dun estado a outro nun [[ciclo da auga|ciclo continuo]]. A auga [[líquido|líquida]], que en pequenas cantidades é incolora, mais en grandes volumes manifesta unha coloración azulada, pode atoparse como [[auga doce]] (en [[río]]s, [[lago]]s, e [[montaña]]s), ou como [[auga salgada]] nos [[mar]]es e [[océano]]s que cobren case tres cuartos da superfície do planeta. No estado [[sólido]], as masas de xelo[[xeo]] concéntranse principalmente nas rexións polares e, no estado [[gas]]oso, o [[vapor de auga]] forma parte da [[atmosfera terrestre]]. A 0 [[°C]] (273 aproximadamente na escala [[Kelvin]]) atópase en estado sólido como [[xeo]], e ferve a aproximadamente a 100&nbsp;°C. O punto de xeación espontánea atópase preto dos 233 K.
 
A auga posúe unha serie de características peculiares, coma a dilatación anómala]], o alto [[calor específico]] e a [[Solvente|capacidade de disolver]] un gran número de substancias. De feito estas peculiaridades favoreceron o xurdimento nos océanos primitivos da [[vida]] e a súa [[evolución]]. Tódolos seres vivos existentes precisan dela para a súa supervivencia, constituíndo a base de todo [[organismo pluricelular]]. A maior parte dos [[animal|animais]] e [[vexetal|vexetais]] conteñen unha alta porcentaxe de auga, e son poucas as [[especie]]s que poden sobrevivir nos lugares onde esta é escasa ([[deserto]]s e outras zonas áridas).