Cingulados: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª ed. con info. da wiki en castelán e das referencias.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de setembro de 2015 ás 20:01


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Cingulados
Cingulata

Rango fósil: paleocenoactualidade

Armadillo de nove bandas (Dasypus novemcinctus)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Placentalia (= Eutheria)
Superorde: Xenarthra
Orde: Cingulata
Illiger, 1811
Familias, Subfamilias e Xéneros
Véxase o texto

A dos cingulados (Cingulata) é unha orde de mamíferos placentarios propios do continente americano.

A familia dos dasipódidos (Dasypodidae), que comprende os armadillos, é a única que sobrevive hoxe en día.

Características

Os cingulados separáronse pouco do plano ancestral placentario, e son un grupo moi antigo, xa diferenciado no paleoceno.[1]

As especies actuais son nocturnas e escavadoras, e están protexidas por placas óseas na piel, cubertas por escudos córneos; os membos dalgúns xéneros poden enrolarse en forma de bóla.

Os dentes son numerosos, até 25 en cada mandíbula), simples, cilíndricos e uniformes, sen esmalte e con raíces abertas, e de crecemento continuo. Son insectívoros e omnívoros necrófagos.

Taxonomía

Descrición

A orde dos Cingulata foi descrita en 1811 polo zoólogo alemán Johann Karl Wilhelm Illiger.[2]

Etimoloxía

O nome científico Cingulata é o nominativo plural do adxectivo do latín científico cingulatus, -a, -um, derivado do nome do latín clásico cingula, -ae, "cincha", "cinto", aludindo aos cintos de duras escamas que presentan estes animais no dorso e nos flancos.

Clasificación

Na actualidade, esta orde só conta con unha familia, a dos dasipódidos,[2] cos xéneros e especies seguintes:[3]

Orde Cingulata

Armadillos xigantes

Durante o plistoceno e períodos anteriores, ademais dos modernos armadillos existiron tamén armadillos xigantes, como os gliptodontes, que se diferenciaron no eoceno superior e que tiñan un cranio e un caparazón formado por moitas pezas pequenas fusionadas e, en ocasións, unha cola en forma de maza. Mostran unha notábel converxencia coas tarturugas e algúns dinosauros (anquilosauros).[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 Young, J. Z. (1977): La vida de los vertebrados. Barcelona: Editorial Omega. ISBN 84-282-0206-0.
  2. 2,0 2,1 Cingulata no MSW.
  3. Dasipodidae no MSW.

Véxase tamén