Viveiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 54:
'''Viveiro''' é un [[concello]] e unha [[cidade]], situada na [[provincia de Lugo]], na comunidade autónoma de [[Galicia]]. O mesmo tempo, está situado dentro da [[comarca da Mariña Occidental]], da cal é a súa capital. Nela tamén se atopa a sede do [[Partido xudicial de Viveiro|partido xudicial número 6]] da provincia.
 
O seu [[termo municipal]] está situado na rexión costeira da [[Mariña de Lugo|Mariña]], ocupando unha superficie de 109,3 km². Este territorio sitúase no val formado polo [[río Landro]], que se estende polo sur dende os pedemontes da [[Serra do Xistral]], e que desemboca ó norte na [[ría de Viveiro]], que é a de las unha das rías pertencentes a rexión das [[Rías Altas]], que desembocan ó [[mar Cantábrico]].
 
A fundación de Viveiro data da [[Idade do Ferro]], como se pode ver nos numerosos [[Sitio arqueolóxico|sitios arqueolóxicos]] de asentamentos celtas. A partir dos séculos XII e XIII, Viveiro comezou a tomar especial relevancia, coa puxanza da vila medieval, da que hoxe aínda se conserva o seu casco antigo.