Fenerbahçe S.K. (baloncesto): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Traducido da wikipedia en lingua inglesa (en:Fenerbahçe Men's Basketball)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 29:
O equipo volvería xogar a final da liga en 1992, 1993 e 1995, aínda que sen éxito en ningunha das tres ocasións. Na temporada 1997−98 o terceiro lugar acadado permítelle volvet á Euroliga, conseguindo esta vez chegar aos oitvados de final con xogadores como [[Mahmoud Abdul-Rauf]], [[Marko Milič]], [[Žan Tabak]], [[İbrahim Kutluay]] e [[Conrad McRae]]. Con todo, o equipo acaba perdendo fronte o [[Real Madrid Baloncesto|Real Madrid]]. O equipo tamén particpou noutras competicións europeas, chegando aos cuartos de final da [[Copa Korać]] en 1996 e 2001, e acabando en cuarto lugar na [[FIBA EuroChallenge|FIBA Europe League]] de 2005.
 
No verán de 2006 o club fusiónase co [[Ülkerspor]] para formar o Fenerbahçe Ülker. Despois da fusión, o Fenerbahce convertéuse no dominador da Liga, gañando o campionato en dúas coasións consecutivas. Na terceira temporada despois da fusión, porén, non conseguen o título tras perder nunha disputada eliminatoria final ante o [[AnatoluAnadolu Efes S.K.|Efes Pilsen]]. Iso non impide que na temporada 2009−10 o equipo repita título de campión, desquitándose ante o Efes Pilsen. O seguinte ano o Fenerbahçe afrontaría a competición cun equipo con xogadores como [[Šarūnas Jasikevičius]], [[Marko Tomas]], [[Darjuš Lavrinovič]], [[Bojan Bogdanović]] ou [[Thabo Sefolosha]]. Baixo o mando do adestrador [[Neven Spahija]] o equipo consegue repetir título. Porén, as dúas seguintes temporadas serían decepcionantes para o club de Estambul. Para solucionalo chegaría ao banco [[Željko Obradović]], que viría acompañado de xogadores como [[Linas Kleiza]] ou [[Nemanja Bjelica]]. Así, o Fenerbahçe gañaría o seu sexto título de Liga tras vecen na final ao [[Galatasaray S.K. (baloncesto)|Galatasaray]]. En 2015 o club remata o seu patrocinio con Ülker.
 
== Véxase tamén ==