Fenerbahçe S.K. (baloncesto): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Traducido da wikipedia en lingua inglesa (en:Fenerbahçe Men's Basketball)
Liña 23:
}}
O '''Fenerbahçe Erkek Basketbol Takımı''', ou simplemente '''Fenerbahçe''', é un club profesional de [[baloncesto]] [[Turquía|turco]] con sede na cidade de [[Estambul]]. Actualmente xoga na [[Türkiye Basketbol Ligi]], a máxima categoría do baloncesto turco, e na [[Euroliga]]. Fundado en [[1913]], é a sección de baloncesto masculina do club polideportivo [[Fenerbahçe]]. Actualmente o equipo xoga os seus partidos como local no [[Ülker Sports Arena]], pavillón con capacidade para 13.800 espectadores. Entre 2006 e 2015 o equipo foi coñecido popularmente e por motivos de patrocinio como '''Fenerbahçe Ülker'''.
 
== Historia ==
A sección de baloncesto masculino do [[Fenerbahçe]] foi fundada en [[1913]], acadando desde aquela un notábel éxito no baloncesto turco. O equipo gañou os seus primeiros títulos en [[1957]], [[1959]] [[1965]], xusto antes de que fosa fundada a [[Liga de Baloncesto de Turquía]]. Grazas aos títulos domésticos o club participou na [[Euroliga]] de 1960 e de 1966. Porén, tras a exitosa etapa, os seareiros terían que agardar até 1991 para ver ao seu equipo gañar un novo título. En 1991 o equipo, liderado por [[Levent Topsakal]], [[Larry Richard]] e o adestrador Çetin Yılmaz consegue vencer na final ao [[Tofaş S.K.|Tofaş]], converténdose en campión de Liga, a súa primeira vez desde a fundación da competición.<ref>{{cita web|url=http://www.euroleague.net/competition/teams/showteam?clubcode=ULK&seasoncode=e2010#!info|título=Fenerbahçe Istambul. Club info|obra=Euroleague|dataacceso=13 de setembro de 2015|lingua=en}}</ref> Grazas ao título, o Fenerbahçe participaría na seguinte edición da [[Euroliga]], aínda que acabaría perdendo na primeira rolda.
 
O equipo volvería xogar a final da liga en 1992, 1993 e 1995, aínda que sen éxito en ningunha das tres ocasións. Na temporada 1997−98 o terceiro lugar acadado permítelle volvet á Euroliga, conseguindo esta vez chegar aos oitvados de final con xogadores como [[Mahmoud Abdul-Rauf]], [[Marko Milič]], [[Žan Tabak]], [[İbrahim Kutluay]] e [[Conrad McRae]]. Con todo, o equipo acaba perdendo fronte o [[Real Madrid Baloncesto|Real Madrid]]. O equipo tamén particpou noutras competicións europeas, chegando aos cuartos de final da [[Copa Korać]] en 1996 e 2001, e acabando en cuarto lugar na [[FIBA EuroChallenge|FIBA Europe League]] de 2005.
 
No verán de 2006 o club fusiónase co [[Ülkerspor]] para formar o Fenerbahçe Ülker. Despois da fusión, o Fenerbahce convertéuse no dominador da Liga, gañando o campionato en dúas coasións consecutivas. Na terceira temporada despois da fusión, porén, non conseguen o título tras perder nunha disputada eliminatoria final ante o [[Anatolu Efes S.K.|Efes Pilsen]]. Iso non impide que na temporada 2009−10 o equipo repita título de campión, desquitándose ante o Efes Pilsen. O seguinte ano o Fenerbahçe afrontaría a competición cun equipo con xogadores como [[Šarūnas Jasikevičius]], [[Marko Tomas]], [[Darjuš Lavrinovič]], [[Bojan Bogdanović]] ou [[Thabo Sefolosha]]. Baixo o mando do adestrador [[Neven Spahija]] o equipo consegue repetir título. Porén, as dúas seguintes temporadas serían decepcionantes para o club de Estambul. Para solucionalo chegaría ao banco [[Željko Obradović]], que viría acompañado de xogadores como [[Linas Kleiza]] ou [[Nemanja Bjelica]]. Así, o Fenerbahçe gañaría o seu sexto título de Liga tras vecen na final ao [[Galatasaray S.K. (baloncesto)|Galatasaray]]. En 2015 o club remata o seu patrocinio con Ülker.
 
== Véxase tamén ==