Diferenzas entre revisións de «Mapa»

m (Desfixéronse as edicións de Joebobsr (conversa); cambiado á última versión feita por BotDHojalata)
 
== Aspectos da cartografía ==
Se o mapa cobre unha grande área da superfície terrestre, de modo a que a curvatura da [[Terra]] ou a ondulación do [[xeoide]] poidan influír na medición de distancias e na precisión pretendida na representación, terase de escoller unha [[proxección|proxección cartográfica]]. Matematicamente, esta é unha [[función]] que transforma [[coordenada]]scoordenadas polares]] ou xeodésicas ([[latitude]], [[lonxitude]]) en coordenadas do plano do mapa. Necesariamente, isto provoca distorsión.
 
Un dos elementos fundamentais dos mapas modernos é a presenza dunha [[escala cartográfica|escala]], que permite determinar as dimensións reais dos obxectos cartografados e medir distancias (a escala é un [[cociente]] entre a medida no mapa e a medida real correspondente). Canto maior é a escala, maior a precisión.
288.256

edicións