10 Downing Street: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Continuando coa traducción a partir da Wikipedia en castelán (Sen rematar)
Correción de erros ortográficos.
Liña 34:
Oliver Cromwell viviu na casa de atrás entre [[1650]] e [[1654]]; a súa viúva o fixo durante un ano en [[1659]]. [[George Monck]], Primeiro Duque de Albermarle, o xeneral que fixo posible a restauración da monarquía, viviu nela dende [[1660]] ata a súa morte en [[1671]]. Monck foi o Primeiro Lord da Gran Comisión do Tesouro entre [[1667]] e [[1672]] que transformou as contas reais e permitiu á Corona ter máis control sobre o gasto. Estas medidas tamén permitiron a creación da autoridade legal do Primeiro Lord do Tesouro. O home ó que se lle debe todo este desenvolvemento foi o secretario de Monck, Sir George Downing, a mesma persoa que posteriormente construiría Downing Street. Monck é p primeiro ministro asociado co tesouro que viviu no que se convertiría na casa do Primeiro Lord do Tesouro e Primeiro Ministro.<ref>MINNEY, 1963, páxs. 24-25.</ref>
 
En 1671, George Villiers, Segundo Duque de Buckingham, tomou posesión cando se converteu nun destacado membro do Ministerio Cabal. Tras un considerable gasto do goberno, Villiers reconstruíu a casa. O resultado foi a espaciosaespazosa mansión, que se atopaba paralela ó Palacio de Whitehall. Dende os seus xardíns había unha vista completa de [[St. James's Park]], onde pastaban os cervos e a nobreza paseaba por camiños bordeados con árbores e esculturas.<ref>JONES, 1985, páxs. 20-21.</ref>
 
Despois de retirarse Villiers en [[1676]], Lady Charlotte Fitzroy, unha filla ilexítima de doce anos de Carlos II, mudouse á casa cando casou co Conde de Lichfield, [[Magister Equitum]]. En preparación para o novo inquilino, a Coroa autorizou a realización de grandes traballos de reconstrución, unha vez máis. Estes traballos incluían a ampliación do xardín e o engadido dun novo andar, outorgándolle á casa tres andares principais, máis un ático e unhas bodegas. A mansión resultante, coñecida como Lichfield House, pode verse hoxe en día na parte de atrás do 10 de Downing Street.<ref name=ref_duplicada_4>JONES, 1985, páx. 21.</ref>
 
A razón probable pola que a mansión necesitou unha ampla reparación pouco tempo despois da renovación de Villiers, é que a casa asentouse, causando danos estruturais. A zona de Westminster foi un pantano coñecido na época medieval como [[Thorney Island]] (A illa de espiñas). Ó igual que Downing Street, a casa de atrás aséntase sobre uns cimentos superficiais, un erro de deseño causou problemas ata [[1960]], cando o moderno número 10 se reconstruíu sobre uns cimentos asentados en profundos pilarespiares.<ref>MINNEY, 1963, páx. 25.</ref>
 
Lady Lichfield e a súa familia seguiron a [[Xacobe II de Inglaterra]] ó exilio tras a Revolución Gloriosa. En [[1690]], os novos monarcas, [[Guillerme III de Inglaterra|Guillerme III]] e a raíña [[María II de Inglaterra|María II]], ofreceron Lichfield House a [[Hendrick van Nassau-Ouwerkerk]], un xeneral holandés e primo do rei, que axudou a asegurar a coroa para o entón Príncipe de Orange. Nassau, que anglicanizou o seu apelido a "Overkirk", viviu na casa de atrás -agora chamada Overkirk House- ata o seu pasamento en [[1708]].<ref name=ref_duplicada_4 />