Diferenzas entre revisións de «Carbono-14»

m
arranxiño
m (arranxiño)
O '''carbono-14''' (<sup>14</sup>C, masa atómica&nbsp;=&nbsp;14,003241&nbsp;[[Unidade de masa atómica|uma]]) é un [[radioisótopo]] do [[carbono]] e foi descuberto o [[27 de febreiro]] de [[1940]] por [[Martin Kamen]] e [[Sam Ruben]]. O seu [[núcleo atómico|núcleo]] contén 6 [[protón|protóns]] e 8 [[neutrón]]s. [[Willard Libby]] determinou un valor para o período de semidesintegración ou [[semivida]] deste isótopo: 5568 anos. Determinacións posteriores en [[Cambridge]] produciron un valor de 5730 anos.
Debido á súa presenza en todos os materiais orgánicos, o carbono-14 emprégase na datación de espécimes orgánicos.
==Datación por radiocarbono==
 
O método de [[datación por radiocarbono]] é a técnica baseada en isótopos máis fiable para coñecer a idade de mostras orgánicas de menos de 60.000 anos. Está baseado na lei de decaemento exponencial dos isótopos radioactivos. O [[isótopo]] carbono-14 (<sup>14</sup>C) é producido de forma continua na [[atmosfera]] como consecuencia do bombardeo de átomos de [[nitróxeno]] por [[neutrón]]s cósmicos. Este [[isótopo]] creado é inestable, polo que, espontaneamente, se transmuta en nitróxeno-14 (<sup>14</sup>N). Estes procesos de xeración-degradación do <sup>14</sup>C atópanse practicamente equilibrados, de maneira que o isótopo atópase homoxeneamente mesturado cos átomos non radioactivos no [[dióxido de carbono]] da [[atmosfera]]. O proceso de [[fotosíntese]] incorpora o átomo radioactivo nas plantas, de maneira que a proporción <sup>14</sup>C/<sup>12</sup>C nestas é similar á atmosférica. Os animais incorporan, por inxestión, o carbono das plantas. Agora ben, tras a morte dun organismo vivo non se incorporan novos átomos de <sup>14</sup>C aos tecidos, e a concentración do isótopo vai decrecendo conforme vai transformándose en <sup>14</sup>N por decaemento radioactivo.
 
102.803

edicións