10 Downing Street: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Corrección de erros e traducción da Wikipedia en castelán (Sen rematar)
Corrección de erros
Liña 25:
 
=== "A casa de atrás" antes de 1733 ===
"A casa de atrás", a máis grande das tres partes orixinais que constituíron a residencia do Primeiro Lord e do Primeiro Ministro, era unaunha mansión construída ó redor de [[1530]] a carón do [[Palacio de Whitehall]], por entón a principal residencia real. Foi un dos numerosos edificios que conformaban os "apousentos da cabina"; chamados así debido a que estaban adxacentes a unha estrutura octogonal usada como posto de combate. A principios do século XVII, converteuse nunha sala de concertos e nun teatro pero mantivo o seu antigo nome. Despois da [[Revolución Gloriosa]] de [[1688]], algunhas das primeiras reunións do gabinete celebráronse alí en secreto. <ref>MINNEY, 1963, páx. 23.</ref>
 
[[Ficheiro:The Old Palace of Whitehall by Hendrik Danckerts.jpg|thumb|left|275px|O Palacio de Whitehall, na parte máis á dereita está "a casa de atrás".]]
Durante a época Tudor, a casa de atrás era a casa do Guardés do Palacio de Whitehall, responsable do mantemento do palacio incluíndo as cabinas. Durante moitos anos, foron ocupadas por Thomas Knevett (ou Knyvet), famoso por capturar a [[Guy Fawkes]] en [[1605]], desbaratando o seu plan para asasinar a [[Xacobe I de Inglaterra]]. No ano anterior, Knevett mudou á casa do lado, aproximadamente onde o número 10 se atopa hoxe en día.<ref>JONES, 1985, páxs. 16-18.</ref><ref>MINNEY, 1963, páxs. 23-24.</ref>
 
Dende entón, membros da realeza e do goberno viviron na casa de atrás. En [[1604]] o fillo de Xacobe I de Inglaterra, o Príncipe Carlos (futuro Carlos I), viviu alí durante un cortocurto período. A seguinte inquilina foi a pequena princesa de oito anos [[Isabel Estuardo]]. Antes de mudarse, construíronse as cociñas e unhas habitacións para os criados, e a propiedade ampliouse para incluír a pequena pista de tenis onde Henrique VIII ó seu deporte preferido. Isabel viviu alí ata [[1613]] cando casou con Federico V, Elector Palatino, e mudou a [[Hannover]]. Isabel foi a avoa de Xurxo, o Elector de Hannover, quen se converteu en Rei de Inglaterra en [[1714]], e a bisavoa do Rei Xurxo II de Inglaterra, quen ofreceu a casa a Walpore en 1732. Polo tanto, durante un período de cen anos esta casa significou a unión das casas reais dos [[Casa de Estuardo|Estuardo]] e os [[Casa de Hannover|Hannover]].<ref>MINNEY, 1963, páx. 24.</ref>
 
Oliver Cromwell viviu na casa de atrás entre [[1650]] e [[1654]]; a súa viúva o fixo durante un ano en [[1659]]. [[George Monck]], Primeiro Duque de Albermarle, o xeneral que fixo posible a restauración da monarquía, viviu nela dende [[1660]] ata a súa morte en [[1671]]. Monck foi o Primeiro Lord da Gran Comisión do Tesouro entre [[1667]] e [[1672]] que transformou as contas reais e permitiu á Corona ter máis control sobre o gasto. Estas medidas tamén permitiron a creación da autoridade legal do Primeiro Lord do Tesouro. O home ó que se lle debe todo este desenvolvemento foi o secretario de Monck, Sir George Downing, a mesma persoa que posteriormente construiría Downing Street. Monck é p primeiro ministro asociado co tesouro que viviu no que se convertiría na casa do PrimerPrimeiro Lord do Tesouro e PrimerPrimeiro Ministro.<ref>MINNEY, 1963, páxs. 24-25.</ref>
 
== Referencias ==