KK Cedevita Junior: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Traducido da wikipedia en lingua inglesa (en:KK Cedevita)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 24:
O novo equipo directivo elevou as ambicións do club, conseguindo o seu primeiro gran éxito na temporada 2009−10 ao acabar no terceiro posto da [[A1 Liga|liga croata]], só perdendo nas semifinais por 2-1 ante ao [[KK Zadar|Zadar]]. Ademais, xogarían as semifinais de Copa e conseguirían o sétimo posto na súa temporada como debutantes na [[Liga do Adriático]]. Ao ano seguinte superarían o rexitro do anterior, chegando a acadar o terceiro luga na [[Eurocup Basketball]], no que supoñía a súa primeira aparición nunha competición continental. O Cedevita xogaría a Final Four da eurocup ese ano tras vecer en casa ao [[MBC Dinamo Moscova|Dinamo Moscova]], ao [[Aris BC|Aris Tesalónica]], ao Azovmash, ao [[KK Hemofarm|Hemofarm Stada]], ao [[CB Gran Canaria|Gran Canaria]] e ao [[Asefa Estudiantes]] así como fóra ao Azovmash, ao [[Hapoel Galil Gilboa]], ao [[Unics Kazan]], ao Gran Canaria, ao Asefa Estudiantes e ao [[Benetton Treviso]]. Na competeción doméstica acadaría o primeiro posto na fase regular da liga, perdendo na final ante o KK Zagreb. Ademais, volverían repetir o sétimo posto na [[ABA Liga]].
 
O primeiro trofeo do club chegaría na temporada 2011−12 coa consecución da Copa Dražen Petrović e da Copa Krešimir Ćosić de Croacia, chegando ademais á final da Liga do Adriático. En 2013−14 consiguen ser o equipo hexemónico de Croacia ao gañar tanto a Liga como a Copa do país, volvendo chegar á final da [[ABA Liga]]. O fito sería repetido na temporada 2014−15, cun novo segundo posto na ABA e a consecución dos títulos de Liga e Copa. Debido aos bos resultados obtidos nos últimos anos o KK Cedevita converteuse ademais en equipo de [[Euroliga]].<ref>{{cita web|url=http://www.euroleague.net/competition/teams/showteam?clubcode=CED#!info|título=KK Cedevita. Club info||obra=Euroleague|dataacceso=12 de setembro de 2015|lingua=inglés}}</ref>
 
== Notas ==