República Checa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 78:
En [[1212]], o [[rei]] [[Otakar I de Bohemia|Přemysl Otakar I]] ([[1198]]-[[1230]]), que xa se facía chamar co título de "rei" dende [[1198]], extraeu unha ''Bula de Ouro de Sicilia'' (un decreto formal) do [[Lista de emperadores do Sacro Imperio Romano|Emperador]] que confirmaba o seu título real e o dos seus descendentes. O [[século XIII]] foi tamén un período de inmigración xermánica a gran escala. En [[1235]], o poderoso exército [[Mongolia|mongol]] lanzouse á invasión de Europa e despois da [[Batalla de Legnica]], os mongois levaron o seu ataque devastador cara [[Moravia]].
[[Ficheiro:Karl IV. (HRR).jpg|miniatura|esquerda|180px|Carlos IV, décimo primeiro Rei de Bohemia, foi elixido o checo máis importante da historia.]]
O rei [[Otakar II de Bohemia|Přemysl Otakar II]] ([[1253]]–[[1278]]) recibiu o [[alcume]] de "Rei do Ouro e do Ferro" devidopor aomor do seu poder militar e riquezas. Conquistou [[Austria]], [[Estiria]] e [[Carintia, Austria|Carintia]], expandindo así o territorio bohemio até o [[Mar Adriático]]. Con todo, atopou a morte na Batalla de Marchfeld en [[1278]], nunha guerra fronte ao seu rival, o Rei [[Rodolfo I de Alemaña]]. O fillo de Ottokar, Venceslau II adquiriu a coroa [[Polonia|polaca]] en [[1300]] para si mesmo e a coroa [[Hungría|húngara]] para o seu fillo. Porén, en [[1306]], a dinastía premislida morreu e despois dunha serie de guerra, a casa de Luxemburgo gañou a coroa bohemia.
 
O [[século XIV]], especialmente durante o reinado de [[Carlos IV de Luxemburgo|Carlos IV]] ([[1342]] a [[1378]]), considérase a idade de ouro da historia checa. De particular importancia foi a fundación da [[Universidade Carolina de Praga]] en [[1348]]. A [[peste negra]], que azoutou Europa dende [[1347]] até [[1352]], decimou o Reino de Bohemia en [[1380]], matando preto do 10 % da poboación.