República Checa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 52:
| membro_de = [[Unión Europea]], [[OCDE]], [[OTAN]], [[ONU]], [[OSCE]], [[Consello de Europa|COE]], [[Grupo Visegrád]]
}}
A '''República Checa'''<ref>{{DRAG|checo}}</ref> (en [[checo]]: ''Česká republika''), tamén coñecida como '''Chequia'''<ref>{{cita libro |isbn=84-8158-266-2 |título=Lingua galega: dúbidas lingüísticas |editor=Universidade de Vigo, Área de Normalización Lingüística |autores=Anaír Rodríguez, Montserrat Davila Ventura |páxina=110}}</ref><ref>{{Cita libro |título=Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega |editor=Benigno Fernández Salgado |editorial=Editorial Galaxia |ano=2004 |isbn=9788482887524 |páxina=1304}}</ref> (en [[checo]]: ''Česko'') é un país de [[Europa central|centro de Europa]], limitado ao norte por [[Polonia]], ao leste por [[Eslovaquia]], ao sur por [[Austria]] e ao noroeste por [[Alemaña]]. Xunto con [[Polonia]], [[Eslovaquia]] e [[Hungría]], integra o [[Grupo Visegrád]]. Está formada polas rexións históricas de [[Bohemia]], [[Moravia]] e [[Silesia]]. [[Bohemia]], ocupa a parte occidental do país, está rodeada de montes baixos e forma unaunha [[cunca hidrográfica|cunca]] regada polos [[río]]s Labe ([[río Elba|Elba]]) e Vltava ([[río Moldava|Moldava]]). [[Moravia]], ocupa parte oriental, está regada polo [[río Morava]]. [[Silesia]], situada ao norte de Moravia, fai fronteira con Polonia.
 
O Estado Checo, ou as terras da [[Reino de Bohemia|Coroa de Bohemia]], como era coñecido até [[1918]], formouse a finais do [[século IX]]. Despois da Batalla de Mohács en [[1526]], o Reino de Bohemia foi integrado na [[Habsburgo|monarquía dos Habsburgo]] xunto con [[Austria]] e [[Hungría]]. A república independente de [[Checoslovaquia]] formouse en [[1918]], tralo colapso do [[Imperio Austrohúngaro]] trala [[Primeira Guerra Mundial]]. Despois de que no [[Pacto de Múnic]] (asinado pola [[Alemaña nazi]], [[Francia]], [[Reino Unido]] e [[Italia]]) se estabelecese unilateralmente a incorporación de Checoslovaquia á Alemaña, e por gratitude pola consecuente liberación da maior parte da República polo [[Exército Vermello]], o [[Partido Comunista]] obtivo maioría relativa (38 %) nas eleccións de [[1946]].