Cisxordania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:We-map.png|250px|dereita]]
'''Cisxordania'''<ref>{{Cita libro |título=Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega |editor=Benigno Fernández Salgado |editorial=Editorial Galaxia |ano=2004 |isbn=9788482887524 |páxina=1304}}</ref> ([[Lingua árabe|árabe]]: ضفة غربية ), así chamada por se atopar na marxe oeste do río [[Xordán]]) é o nome moderno para a parte central do antigo protectorado británico de [[Palestina]] que ficou baixo administración [[Xordania|xordana]] tras o armisticio que puxo fin á guerra declarada a causa do establecemento do estado de [[Israel]] en [[1948]]. Corresponde en termos xerais coas rexións [[biblia|bíblicas]] de Xudea e Samaria, aínda que o uso destes nomes na actualidade asóciase aos sectores isarelíes que aspiran á anexión dos territorios. Delimitada ao leste polo Xordán e mailo [[Mar Morto]], e ao oeste pola chamada ''[[Liña Verde]]'', que a separa do estado de [[Israel]], Cisxordania, que tén entre 20 e 40 quilómetros de ancho, non pertence formalmente a ningún país na actualidade, e a [[ONU]] considéraa oficialmente "ocupada por Israel".
 
De acordo ao mandato de Nacións Unidas que dictaminou a [[partición de Palestina]] nun territorio xudeu e mais un árabe, Cisxordania estaba destinada a albergar este último; a cidade de [[Xerusalén]] e os poboados darredor quedarían baixo control internacional. Non obstante, durante a [[guerra Árabe-Israelí de 1948]], o territorio ficou baixo control xordano, e en [[1950]] Xordania anunciou oficialmente o seu intención de anexalo, que non foi recoñecida internacionalmente. Xunto coa [[Faixa de Gaza]], Cisxordania foi ocupada militarmente por Israel cando a [[Guerra dos seis días]] de [[1967]]; o controvertido plan de colonización impulsado polo [[Likud]] levou á construción de numerosos asentamentos, comunicados entre sí por estradas de circunvalación (de uso exclusivo para colonos). O ''status'' da parte oriental de Xerusalén é aínda máis confuso; Israel non a recoñece como parte dos territorios ocupados, aínda que en principio esta estaba comprendida nas áreas suxeitas á [[Resolución 242 do Consello de Seguridade]] que puxo fin ao conflito de 1967.