Cervantes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 127:
As terras de Cervantes albergan nas montañas orientais unha gran riqueza florística. Sobre o total galego, que sitúase ao redor de 2 200 especies e subespecies; só na serra veciña do [[Serra do Courel|Courel]] cóntanse con 800 [[Taxon|taxons]], case o 40% do total, nunha área que representa o 1% da superficie galega. O catálogo dos [[Serra dos Ancares|Ancares]], incluídas as dúas vertentes, componse de 1 028 especies e subespecies de plantas vasculares (cormófitos), aproximadamente a metade das existentes no conxunto de [[Galicia|Galiza]]. Só de orquídeas hai 16 especies nos Ancares, máis da metade delas ligadas aos afloramentos calcáreos. Contabilízanse tamén alí 33 fentos, o que sitúa esas montañas na clase 7 de riqueza pteridodolóxica, sobre un máximo de 8.
 
O relativo bo estado de conservación da área tradúcese na existencia de restos boscosos cunha boa presenza de árbores: [[Carballo común|carballocarballos]], [[carballo de montaña]], [[cerquiño]]s, [[aciñeira]]s, [[faia]]s, [[teixo]]s, [[umeiro de montaña]], [[abeleira]]s, [[acivro]]s, [[Bidueiro pubescente|bidueirobidueiros]], [[castiñeiro]]s, [[cerdeira]]s, [[sorbeira]]s, [[Freixo común|freixofreixos]], [[amieiro]]s, [[Salgueiro|salgueiros]] e [[Lamigueiro|lamigueiros]].
 
== Historia ==