Pobo grego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado máis da ca.wiki
Liña 29:
}}
Os '''gregos''', tamén chamados '''helenos''' (en {{lang-el|Έλληνες}}), son unha [[nación]] e un [[grupo étnico]] orixinario de [[Grecia]], [[Chipre]] e algunhas outras rexións da contorna do mar [[Mar Exeo|Exeo]]. Tamén constitúen unha diáspora significativa, con comunidades gregas estabelecidas arredor do mundo.<ref name=Roberts1>{{Cita libro |título=The New Penguin History of the World |apelido= Roberts |nome= J.M. |ano=2004 |editorial=Penguin |isbn=9780141030425 |páxinas=171–172, 222 }}</ref>
 
[[Ficheiro:Location greek ancient.png|300px|miniatura|esquerda|A dispersión dos gregos no século -VI.]]
Na [[Grecia antiga|antigüidade]], os gregos organizábanse politicamente en [[Cidade-estado|cidades estado]], e alí orixinouse o concepto de [[democracia]]. Estabelecéronse colonias e comunidades gregas ó longo da historia en moitos recunchos do [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]], malia que o groso da nación sempre se centrou arredor do mar [[Mar Exeo|Exeo]], onde se fala a [[lingua grega]] dende a [[Grecia antiga]].<ref name=Brit1>{{Cita libro|ano=2008 |título= The Greeks: Encyclopedia Britannica |editorial= Encyclopedia Britannica Inc. |localización=USA |id=Online Edition }}</ref> No século -IV, a expansión territorial máis importante dos gregos levou ó [[helenismo]] até [[Asia Central]] e a [[India]], e despois da caída do [[Imperio Romano]], [[Bizancio]] mantivo a cultura grega no Mediterráneo oriental até 1453. Baixo o [[Imperio Otomán]] e até o comezo do [[século XX]], os gregos estaban instalados uniformemente entre a actual [[Grecia]], a costa occidental de [[Anatolia]], o [[Mar Negro]], [[Exipto]], [[Chipre]] e [[Constantinopla]]; en xeral, estas rexións coinciden coas fronteiras do [[Imperio Bizantino]] a finais do [[século XI]], e tamén coa zona de [[colonización grega]] na Antigüidade do Mediterráneo oriental.<ref>{{Cita libro |título=The Medieval Greek Romance|apelido= Beaton |nome= R.|ano=1996 |editorial= Routledge |localización= |isbn=0415120322 |páxinas=1–25 }}</ref>
 
Despois da [[Guerra Greco-Turca (1919-1922)]], un masivo [[intercambio de poboacións entre Grecia e Turquía]] (1923) deixou case toda a poboación etnicamente grega confinada dentro das novas fronteiras de [[Grecia]] e [[Chipre]] (illa daquela integrada no [[Imperio británico]]). A nova [[Grecia]] constituíuse a partir do 1822 como un [[estado nación]] típico da época, liberado do [[Imperio Otomán]]. Outras poboacións menores de gregos étnicos pódense atopar actualmente dende o [[Griko|sur de Italia]] e o [[Gregos de Albania|sur de Albania]] até no [[Gregos do Cáucaso|Cáucaso]], e tamén nas comunidades da diáspora en moitos outros países. Actualmente, a maioría dos gregos pertencen formalmente á [[Igrexa Ortodoxa]] Grega.<ref name="CIA">''CIA World Factbook'' sobre Grecia: gregos ortodoxos 98%, gregos musulmáns 1,3%, outros 0,7%.</ref>
 
Pódenselles atribuir ós gregos contribucións moi notables en diversos eidos da cultura universal ó longo de toda a Historia (as [[Arte grega|artes]], a [[Literatura grega|literatura]], a [[Filosofía grega|filosofía]], a [[Democracia|política]], a música, as [[matemáticas]], a [[ciencia]], a [[Arquitectura grega|arquitectura]], a [[tecnoloxía]], as [[Era dos descubrimentos|exploracións]], a [[Gastronomía de Grecia|cociña]] e o [[Xogos Olímpicos da Antigüidade|deporte]]).
 
== Notas ==