George Harrison: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
texto traducido desde a wiki .es
Liña 83:
 
Outro importante momento da súa vida tivo lugar durante a rodaxe da película ''[[Help! (filme)|Help!]]'' nas illas [[Bahamas]], ao entregarlle un [[hinduísmo|hindú]] un libro sobre a [[reencarnación]]. Tamén por aquel tempo mantivo unha decisiva correspondencia con [[Joan Mascaró Fornés|Joan Mascaró]] tras ler a versión dos [[Upanishads]] daquel tradutor mallorquín.<ref>{{cita libro|apelidos=Mir|nome=Gregori|título=Correspondència de Joan Mascaró|ano=Palma de Mallorca, 1998|editorial=Editorial Moll|isbn = 84-273-0724-1}}</ref> O seu interese pola cultura hindú expandiriase formalmente ao abrazar o [[hinduísmo]]. Nunha peregrinación coa súa muller Pattie á [[India]] entre a última xira de The Beatles en 1966 e o inicio das gravacións de ''[[Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band]]'', Harrison estudou leccións de [[sitar]], coñeceu a varios [[gurú]]s e visitou sitios sagrados, achegándose así á cultura oriental. Pouco despois, de volta a [[Inglaterra]], coñeceu a [[Maharishi Mahesh Yogi]], a quen presentou ao resto do grupo para iniciar uns exercicios de [[meditación]] transcendental que tería lugar a comezos de 1968 en [[Rishikesh]].
 
No verán de 1969, produciu o single "Hare Krishna Mantra", interpretado por devotos do templo londinense de Radha-Krishna. O mesmo ano, el e [[John Lennon]] coñeceron a [[Bhaktivedanta Swami Prabhupada]], fundador da Sociedade Internacional para a Conciencia de Krishna ([[Asociación Internacional para a Conciencia de Krishna|ISKCON]])[http://www.iskcon.com.mx]. Pouco despois, Harrison abrazaría a tradición Hare Krishna, en particular o canto do mantra usado como meditación privada e chamado japa-mala, similar ao [[rosario (cristianismo)|rosario]] na tradición [[Catolicismo|católica]].
 
A medida que ia pasando o tempo, as composicións de Harrison foron facéndose máis notables, pasando dun segundo plano a competir coas composicións de Lennon e McCartney en materia de calidade. Entre 1965 e 1970, os temas compostos por George Harrison foron: "If I Needed Someone", "I Want to Tell You", "Think For Yourself", "Taxman" (que abría o álbum Revolver), "Within You Without You", "Blue Jay Way", "Only a Northern Song", "It´s All Too Much", "Love You To", "Old Brown Shoe", "I Need You", "While My Guitar Gently Weeps" (con [[Eric Clapton]] na guitarra), "Piggies", "Long, Long, Long", "Savoy Truffle", "Something", "The Inner Light", "Here Comes the Sun", "I Me Mine" e "For You Blue".<ref name="macdonald2p337">{{cita libro|nome=Ian|apelidos=MacDonald|ligazónautor=Ian MacDonald|título=Revolution in the Head: The Beatles' Records and the Sixties|ano=2005|páxinas=337|edición=Second Revised Edition|editorial=Pimlico (Rand)|localización=London|isbn=1-844-13828-3}}</ref>
 
== Notas ==