Diferenzas entre revisións de «Gravidade»

m
Para sermos precisos, débese distinguir entre a '''gravitación''', que é a [[forza]] de [[atracción]] que existe entre todas as [[Lista de partículas|partículas]] con [[masa]] no [[universo]], e a '''gravidade''', que é a [[resultante]], na superficie da [[Terra]], da atracción da masa da Terra e mais da pseudo-[[forza centrífuga]] causada pola rotación do planeta. Comunmente, gravidade e gravitación úsanse como sinónimos.
 
=== A '''gravitación''' ===
A gravitación é a forza de gravidade que prende os obxectos á superficie de planetas e, de acordo coa [[leis de Newton|lei da inercia de Newton]], é responsable de manter certos obxectos en [[órbita]] en torno uns dos outros.