Festival de Eurovisión 2015: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 81:
 
=== Identidade visual ===
Como parte da conmemoración do 60º aniversario do Festival de Eurovisión, a [[Unión Europea de Radiodifusión|UER]] deu a coñecer o renovado logotipo xenérico oficial do festival, que sería utilizado a partir desta edición, deixando atraisatrás o isotipo usado dende a edición de 2004. Cámbiase a tipografía utilizada e mantense a palabra ''Eurovisión'' coa letra V convertida nun corazón, no interior do cal figura a bandeira do país organizador.
 
[[Sietse Bakker]], que foi o encargado de coordinar dito proceso de renovación, comentou: "con isto iniciamos un proceso de cambio partindo do anterior logotipo, buscando os seus puntos fortes e débiles, e chegamos á conclusión de que era necesaria unha evolución e non unha revolución, de modo que se representase o avance do festival ao longo da última década [...]. AdemáisAdemais, a letra manuscrita foi rediseñadaredeseñada dende cero para facelo moita máis agradable á vista, non só en televisión, senón tamén en impreso."
 
O redeseño do logotipo correu a cargo de Cornelis Jacobs e o seu equipo da [[external|Agencia Cityzen]] con sede en [[Ámsterdam]], tras unha extensa busca por parte da [[Unión Europea de Radiodifusión|UER]] entre varias axencias europeas de diseñodeseño, e foi acordado polo grupo de referencia da [[Unión Europea de Radiodifusión|UER]] na súa reunión en xuño de 2014.
 
Ademais do redeseño do logotipo xenérico, como é tradición creouse unha identidade visual específica para a edición do 2015, a cal se deu a coñecer o 25 de novembro de 2014. A imaxe, que reforza o esloganslogan ''Building Bridges'', interpreta o motivo dunha ponte "nunha linguaxe visual de conexións e encontros que se forman unha e outra vez". A identidade gráfica mostra unha multitude de esferas dispostas en forma de liña ondulada coa intención de simbolizar o "estar unidos, así como a diversidade". A infografía, a decoración e o merchandising, entre outros aspectos, xiran en torno a este concepto artístico. O deseño do escenario estivo a cargo do escenógrafo alemán [[Florian Wieder]], quen xa estivera detrasdetrás da creación dos escenarios das edicións do festival de [[Festival de Eurovisión 2011|Düsseldorf 2011]] e [[Festival de Eurovisión 2012|Bakú 2012]], así como de varias galas de premios da [[MTV]] ou de [[The X Factor]], entre outros traballos. Segundo as palabras da directora de televisión da ORF, Kathrin Zechner, "o escenario representa unha ponte entre o pasado, o presente e o futuro".
 
O escenario consistiu nunha plataforma principal circular con chan de pantalla LED, rodeada de 1.288 pilarespiares individuais de iluminación LED, creando un portal en forma de ollo, e de fontofondo tamén unha gran pantalla LED de 22 metros de ancho e 8,5 metros de altura. Por último, tal como ocurriuocorreu nas edicións de [[Festival de Eurovisión 2012|2012]] e [[Festival de Eurovisión 2014|2014]], a denominada Green Room (o lugar onde os artistas esperan os resultados tras a súa actuación) estivo situada no medio do recinto.
 
Durante o festival, cada actuación estivo precedida por un breve vídeo de introdución (coñecido como ''postcard'') centrado no artista. Os vídeos mostraron primeiro aos artistas nos seus respectivos países recibindo unha invitación para viaxar a Austria, e logo desempeñando unha actividade nunha das rexións de Austria.