Diferenzas entre revisións de «Diego Velázquez»

Arranxiños.
(Arranxiños.)
Trátase do retrato máis aclamado en vida do pintor e segue aínda hoxe en día suscitando admiración, é o que realizou ao papa Inocencio X. Pintado no seu segundo viaxe a Italia, o artista estaba na cume da súa fama e da súa técnica.
 
Inspirouse no [[retrato de Xulio II]] que [[Rafael]] pintou cara oao ano [[1511]], e na interpretación que de este fixo [[Tiziano]] no retrato do papa [[Paulo III]], ambos moi célebres e reproducidos. Velázquez rendeu homenaxe ao seu admirado mestre veneciano neste cadro máis que en ningún outro, aínda que se trata dunha creación independente: a figura erguida na cadeira ten moita forza.
 
Con pinceladas soltas varias tonalidades de vermellos combínanse, dende o máis afastado ao más próximo, ao fondo el vermello escuro da cortina, despois o máis claro da cadeira, en primeiro plano o impresionante vermello da muceta cos seus luminosos reflexos. Sobre este ambiente domina a cabeza do pontífice, de trazos fortes e mirada severa.
Para Gudiol ''As Meninas'' supoñen a culminación do seu estilo pictórico nun proceso continuado de simplificación da súa técnica pictórica, primando o realismo visual sobre os efectos do debuxo. Na súa evolución artística Velázquez entendeu que para plasmar con exactitude calquera forma só se precisaban unhas poucas pinceladas. Os seus amplos coñecementos da técnica pictórica permitíronlle determinar cales eran esas pinceladas e a intuición de darllas no lugar xusto ao primeiro toque, sen reiteracións nin rectificacións.<ref name="ga">[[#Gudiol|Gudiol]]; Velázquez; p. 289-290</ref>
 
Segundo a descrición de Palomino, Velázquez serviuse do reflexo dos reis no espello para descubrir enxeñosamente o que estaba pintando.<ref>[[#Palomino|Palomino]], pp. 248-251.</ref> As miradas da Infanta, do pintor, da anana, do garda, do can, da menina Isabel e do apousentador dende a porta do fondo diríxense cara oao espectador que observa o cadro, ocupando o punto focal no que previsiblemente se situaban os reis. [[Michel Foucault|Foucault]] destacou como Velázquez logrou integrar e confundir este espazo real do espectador e o primeiro plano do cadro creando a ilusión de continuidade entre os dous espazos.<ref>{{cita libro|apelidos=Foucault|nome=Michel|título=Le mot et les choses|ano=1966|editor=Paris:Gallimard|id=ISBN 2-07-022484-8}}</ref><ref name="gaa">[[#Gallego|Gallego]]; Velázquez, Catálogo Exposición 1990; p. 324-328</ref><ref name=csa>''[[#Calvo|Calvo Serraller]]''; Las Meninas de Velázquez; p. 9-30</ref>
 
Sobre o modo no que Velázquez se autorretrata, destaca que non se representa na acción manual de aplicar o pincel ao lenzo, senón nunha posición máis nobre e intelectual: en actitude de pensar e de reflexionar sobre o deseño interno da obra.<ref name=gaa>[[#Gallego|Gallego]]; Velázquez, Catálogo Exposición 1990; p. 324-328</ref> Foi a primeira vez na arte occidental na que un pintor se retrataba xunto aos seus señores, en compañía dalgúns membros da familia real. Fíxoo no desempeño das súas funcións como pintor de cámara e coas insignias do seu rango, a chave de axuda de cámara e a cruz da Orde de Santiago, quizais engadida posteriormente e, por orden do propio rei, «para alento dos profesores desta nobilísima arte». O portugués Félix Costa describiu: «A Diego Velázquez pintor, deulle Filipe IV, rei de Castela, o hábito de Santiago, que é a primeira orde daquel reino, e a chave da súa cámara».<ref>Citado en Gilles Knox, ''Las últimas obras de Velázquez'', p. 132.</ref>
 
[[Ficheiro:Infanta Margarita.jpg|miniatura|esquerda|A face da Infanta Margarita está tratada con tenues sombras e luminosos toques que dan lixeireza ao seu cabelo e modelan a súa figura.<ref name=LR78a>López-Rey (1978), ''Velázquez'', pp. 156-164.</ref>]]
Iluminou o cadro con tres focos luminosos independentes, sen contar o pequeno reflexo do espello. O máis importante é o que repercute sobre o primeiro plano procedente dunha ventá da esquerda que non se ve, que ilumina á Infanta e ao seu grupo converténdoa no principal foco de atención. O amplo espazo que hai detrás dilúese en penumbras ata que aparece no fondo un novo e pequeno foco luminoso dende outra ventá lateral, neste caso á dereita, cuxo resplandor incide sobre o teito e a zona traseira da habitación. O terceiro foco luminoso é un contraluz da porta aberta na parte máis afastada, onde se recorta a figura de José Nieto, dende onde a luminosidade se proxecta dende o fondo do cadro cara oao espectador, formándose así unha diagonal que atravesa o cadro en sentido perpendicular. Esta complexa trama luminosa, o entrecruzamento desta luz frontal de dentro a forafóra e as transversais aludidas, forma distintos xogos luminosos enchendo o espazo de sombras e contraluces.<ref>[[#Calvo|Calvo Serraller]]; Las Meninas de Velázquez; p. 34-36</ref>
 
Para Eusebi, catalogador no [[Museo do Prado]] en [[1828]], dixo:<ref name=gaa>[[#Gallego|Gallego]]; Velázquez, Catálogo Exposición 1990; p. 324-328</ref>
10.315

edicións