Diferenzas entre revisións de «Álvaro de Bazán (F-101)»

arranxiño
(→‎Armamento: arranxo)
(arranxiño)
 
==Historia==
En 1983 a Armada Española e Bazán iniciaron un programa para a modernización naval chamado NFR-90 (Nato Frigate Replacement). Sería un proxecto da OTAN conxunto entre España, Alemaña, Canadá, Estados Unidos, Francia, Italia, Holanda e Gran Bretaña. O obxectivo era crear unha fragata común. Un deseño que compartiría elementos para reducir os custes de deseño e produción. As diferentes prioridades e necesidades de cada país fixeron que en 1989 o proxecto se abandonase. En 1990 decidiuse continuar co proxecto pero redefinindo as prioridades. O que ía ser un buque antisubmarino de características similares ás fragatas existentes pasou a un buque máis centrado na guerra aérea. En 1992 iniciáronse contactos coas mariñas de Alemaña e Holanda para desenvolver unha fragata, compartindo o deseño en intereses comúns. En 1993 concretouse esta colaboración. En 1995 a Armada Española elixe o sistema norte americanonorteamericano AEGIS de [[Lockheed Martin]] como base operativa do buque co radar AN/SPY-1D empregado na serie DDG-51 "Arleigh Burke" da USN. Esta elección condicionou todo o deseño do buque. Así os destructores americanos desplazaban 8 500 toneladas mentres que o deseño das F-100 tería 5 800 toneladas de desplazamento<ref>[http://revistamarina.cl/revistas/1998/3/bueno.pdf Gregorio Bueno Murga. La Nueva Fragata Española F-100. - Revista de Marina (en PDF)]</ref>.
 
 
93.855

edicións