Ámsterdam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Economía: edición
→‎Economía: edición
Liña 188:
== Economía ==
Amsterdam é a capital financieira e de negocios dos Países Baixos,<ref name="ez">{{Cita web|url=http://www.ez.amsterdam.nl/page.php?menu=24&page=6|title=Amsterdam - Economische Zaken|language=Dutch}}</ref>
e actualmente unha das mellores cidades de Europa para situar negocios internacionais. Está en quinto lugar nesta categoría só por detrás de [[Londres]], [[París]], [[Frankfurt]] e [[Barcelona]].<ref name="eubusiness">{{Cita web|url=http://www.iamsterdam.com/press_room/press_releases_0/2007/european_cities|title=European Cities Monitor 2007|publisher=I Amsterdam|language=Dutch}}</ref> Moitas das grandes corporacións e bancos neerlandeses teñen a súa sede central na cidade, como por exemplo ABN AMRO, [[Akzo Nobel]], [[Heineken]], ING Group, Ahold, [[TomTom]], Delta Lloyd Group ou [[Philips]], así como a sede internacional da cooperativa KPMG nas proximidades de Amstelveen.
 
Aínda que moitas pequenas empresas aínda seguen localizadas nas vellas canles, están cada vez máis afastadas do centro da cidade. O [[Zuidas]] (Galego: Eixo Sur) converteuse nun novo centro financeiro e xurídico,<ref name="zuidas">{{Cita web|url=http://www.zuidas.nl/smartsite.dws?id=1044&curindex=2|title=Zuidas|language=Dutch}}</ref> que conta coas cinco meirandes bufetes de avogados dos Países Baixos, cunha serie de filiais neerlandesas de grandes empresas de consultoría como Boston Consulting Group e Accenture ou co World Trade Center Amsterdam.
Liña 199:
 
=== Turismo ===
[[Ficheiro:AnneFrankHouseAmsterdamtheNetherlands.jpg|miniatura|upright|A Casa museo de [[Anne Frank]].]]
Amsterdam é o quinto destino turístico máis concorrido de Europa, recibindo máis de 4,2 millóns de visitantes internacionais ao ano. O número de turistas vense incrementando constantemente durante a última década, posibelmente ao cada vez meirande número de visitantes europeos. En [[2007]] 41.743 camas foron alugadas en 19.400 habitación nos 351 hoteis da cidade, dos cales dous terzos están situados en pleno centro. Os hoteis con 4 ou 5 estrelas supoñen o 42% do total de camas dispoñíbeis e un 41% dos aloxamentos en Ámsterdan, sendo a taxa de ocupación do 78% en [[2006]], fronte ao 70% de [[2005]],<ref name="TourismReport">{{Cita web |url=http://www.os.amsterdam.nl/pdf/2008_toerisme_in_amsterdam.pdf |format=PDF |title=Toerisme in Amsterdam 2006/2007|author=Fedorova, T. e Meijer, R.|language=Dutch}}</ref> do que a maioría (74%), procedían do resto de Europa. O maior grupo de visitantes non europeos proviñan dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], sendo un 14% do total.<ref name="TourismReport"/> Algúns anos teñen unha temática en Ámsterdan para atraer a máis turistas, por exemplo, o ano [[2006]] foi designado "Rembrandt 400", para celebrar o 400 aniversario do nacemento de [[Rembrandt van Rijn]]. Algúns hoteis ofrecen algunhas condicións especiais ou actividades relacionadas coa temática do ano. O número de persoas que se aloxan nos catro campamentos da cidade ao ano, vai de 12.000 a 65.000.<ref name="TourismReport"/> O [[Aeroporto de Ámsterdam-Schiphol]] é o quinto de Europa en número de viaxeiros.
 
=== Tendas e comercio ===