Angkor Wat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 20:
Situado a 5,5&nbsp;km ao norte da actual [[Siem Reap]], na [[Provincia de Siem Reap|provincia homónima]] de Cambodja, Angkor Wat forma parte do complexo de templos construídos na zona de [[Angkor]], a antiga capital do Imperio khmer durante a súa época de esplendor, entre os [[século IX|séculos IX]] e [[século XV|XV]]. Angkor abrangue unha extensión en torno a 200&nbsp;km², aínda que recentes investigación falan dunha posible extensión de 3&nbsp;000 km² e unha poboación de ata medio millón de habitantes.<ref>{{Cita novas|url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/science/nature/6945574.stm |título=Map reveals ancient urban sprawl |editorial=[[BBC]] |dataacceso=5 de xaneiro de 2010 |lingua=en}}</ref> O templo ten a forma dun rectángulo, cunha lonxitude aproximada de 1,5 km de oeste a leste e 1,3 km de norte a sur. No interior do foso que circunda completamente o muro perimetral de 3,6 km hai tres galerías rectangulares, construídas unha sobre outra. No centro do templo levántanse cinco torres. Angkor Wat contén dúas principais características da [[Arquitectura de Camboxa|arquitectura cambodjana]]: o ''templo outeiro'' que se ergue no interior dun foxo e que simboliza o ''[[Monte Meru (mitoloxía)|Meru]]'' (a montaña dos deuses na relixión [[Hinduísmo|hindú]], de feito o templo está consagrado a [[Visnú]]<ref name=apsara>{{cita web |url=http://www.autoriteapsara.org/en/angkor/temples_sites/temples/angkor_vat.html |título=Angkor Vat |dataacceso=3 de xaneiro de 2010 |lingua=en }}</ref> ), e os sucesivos ''templos de galería''.
 
Dende a súa construción a principios do [[século XII]] e ata o traslado da sede real ao próximo [[Bayon]], a finais do mesmo século, Angkor Wat foi o centro político e relixioso do imperio. O recinto -entre—entre cuxos muros calculouse que vivían 20&nbsp;000 persoas—,<ref>{{Cita Harvard|Albanese|2006|p=150}}</ref> cumpría as funcións de templo principal, e albergaba ademais o [[palacio]] real. Outras hipóteses apuntan aque tamén servíu de [[mausoleo]], un lugar onde o rei podería ser venerado despois da morte,<ref>{{Cita Harvard|Higham|2001|sp=si|p=118}}</ref> xa que a entrada principal está situada no oeste, como nos templos funerarios hindús.<ref>{{Cita web|url=http://www.lonelyplanet.com/cambodia/travel-tips-and-articles/77381|título=Angkor what? Everything you ever wanted to know about Cambodia’s most iconic temple|páxina-web=Lonely Planet|lingua=en|data=16 de xullo de 2012|lingua=en|data-acceso=3 de setembro de 2015}}</ref>
 
O templo consta de tres recintos rectangulares concéntricos de altura crecente, rodeados por un lago perimetral de 3,6 km de lonxitude e dunha anchura de 200 m. No recinto interior érguense cinco torres en forma de loto, acadando a torre central unha altura de 42 m sobre o santuario,<ref name=ref_duplicada_11>{{Cita Harvard|Freeman|2003|p=52}}</ref> e 65 m sobre o nivel do chan.<ref name=hh />
Liña 27:
 
== Nome ==
O nome moderno, Angkor Wat, significa "«Cidade do templo"» ou "«Cidade de templos"» en lingua khmer. A palabra ''Angkor'' vén do cambodjano ''នគរ'' ''Nokor'', e esta á súa vez da voz [[Lingua sánscrita|sánscrita]] ''नगरNagara'' ''Nagara''(नगर), que significa "«capital"».<ref name=Nath>{{Cita libro |título=Chuon Nath Khmer Dictionary |lingua=en |ano=1966 |editor=Instituto Budista |lugar=Phnom Penh}}</ref> Por outra banda, a palabra ''Wat'' é de orixe khmer e tradúcese como "«templo"» ou "«terra de templos"», derivada da palabra [[Lingua palo|pali]] ''vatta'' (वत्त).<ref name=Headley77>{{Cita libro |título=Cambodian-English Dictionary |apelidos=Headley|nome=Robert K. ''et al'' |ano=1977 |editor=Catholic University Press |lingua=en}}</ref> O nome de Angkor Wat é en todo caso posterior á súa creación, pois orixinalmente recibiu o nome de ''Preah Pisnulok'' (Vara Vishnuloka en sánscrito); nome póstumo do seu fundador [[Suryavarman II]].<ref name=apsara/>
 
== Historia ==
Liña 33:
Angkor Wat é o máximo expoñente da arquitectura do [[Imperio khmer]], cuxos primeiros templos se remontan ao [[século VI]].<ref name=gris /> O xigantesco ''monte-templo'' foi feito construír polo monarca [[Suryavarman II]], quen reinou dende o ano 1113 ata o 1150. Suryavarman II alcanzou o poder logo de asasinar o daquela rei Dharanindravarman, saltando sobre el mentres o monarca paseaba no seu elefante, polo que algúns historiadores opinan que as colosais dimensións deste templo están motivadas en parte polo desexo de contrarrestar a aparente ilexitimidade do seu reinado.<ref name=natgeo />
 
Segundo conta a lenda, o rei quixo situar o templo nun lugar do agrado dos deuses, polo cal soltou un boi na chaira e decidiu construír o templo no lugar onde se deitase.<ref name=elpais /> Sexa certa a lenda ou non, Suryavarman II estableceu o templo xunto á antiga cidade de ''Yashodharapura''<ref name=ref_duplicada_3>{{Cita Harvard|Albanese|2006|p=151}}</ref> (que en [[sánscrito]] significa "«cidade sagrada"»),<ref>{{Cita Harvard|Behnke|2008|p=20}}</ref> situada a escasos quilómetros da actual cidade de [[Siem Reap]], e ao igual que os seus predecesores, dispuxo o palacio dentro do recinto amurallado do complexo. Os traballos no templo interrompéronse á morte do rei e non foron continuados, polo que a construción do complexo durou unicamente 37 anos.<ref name=gris>{{Cita web |url=http://huntingtonarchive.osu.edu/seasia/angkor.html |título=Angkor Wat |editor=huntingtonarchive.osu.edu |dataacceso=19 de xuño de 2015 |lingua=en}}</ref>
 
En [[1177]] Angkor foi saqueada polos [[Pobo cham|Cham]], un pobo localizado no actual [[Vietnam]]<ref name=new1 /> e inimigo tradicional dos khmer. Poucos anos despois, coa chegada do rei [[Jayavarman VII]] expulsouse os invasores e ampliáronse as fronteiras do imperio. Este importante rei, cuxo reinado se estendeu desde o 1181 ata o 1220,<ref>{{Cita Harvard|Freeman|2003|p=12}}</ref> abandonou o hinduísmo e converteuse ao budismo da rama [[Mahāyāna]],<ref name=new1 /> establecendo a nova capital no próximo [[Angkor Thom]], con [[Bayon]] como novo templo.
Liña 57:
Tras esta visita, outros pioneiros europeos, especialmente españois e portugueses,<ref name=goobk /> continuaron a visitar as ruínas, aínda que sen obter demasiada repercusión pública.<ref name=ref_duplicada_5>{{Cita Harvard|Freeman|2003|p=40}}</ref> Tamén hai constancia dunha carta de 1668 na que un frade francés de nome Chevreul menciona o lugar. O templo tamén recibiu visitas de oriente: o mapa máis antigo de Angkor Wat está datado entre 1623 e 1636, e é obra dun peregrino xaponés<ref name=ref_duplicada_1 /> de nome Kenryo Shimano.<ref>{{Cita Harvard|Behnke|2008|p=12}}</ref>
 
En 1857, o misioneiro francés Charles Emile Bouillevaux foi o primeiro en deixar constancia "«moderna"» da visita dun occidental a Angkor Wat, ao publicar no seu libro ''Voyage dans l'Indo-Chine 1848–1856'', unha breve recensión sobre a visita realizada ao templo no ano 1850.<ref name=ref_duplicada_1 /> Mais non foi senón ata uns anos despois, en 1860, cando un compatriota seu, o naturalista e explorador [[Henri Mouhot]], conseguiu por fin atraer a atención popular cara a Angkor. Logo dunha viaxe financiada pola ''Royal Geographical Society'' e a ''Zoological Society of London'', os debuxos e a apaixonada descrición do templo rexistrados nos cadernos de viaxe deste naturalista foron publicados postumamente en París en 1868, co nome de ''Voyage dans les royaumes de Siam, de Cambodge et de Laos'' (Viaxe aos reinos de Siam, Cambodja e Laos).<ref name=elpais>{{Cita web |url=http://www.elpais.com/articulo/portada/Camboya/templos/esperanza/elpepusoceps/20080323elpepspor_8/Tes |título=Camboya, templos de esperanza |editorial=[[El País]] |dataacceso=20 de xuño de 2015 |ligazónautor=Ruth Toledano |nome=Ruth |apelidos=Toledano |data=23 de marzo de 2008 |lingua=es}}</ref> Nas súas observacións, o francés exaltaba a beleza e magnificencia do templo:<ref>{{Cita web |url=http://www.cambodianview.com/documents/articles/Brief_Presentation.pdf |formato=pdf |título=Brief Presentation to a Volunteer Group of Glenbow Museum in the Asian Gallery who visited the centre in May 28, 2005 |dataacceso=25 de agosto de 2015 |lingua=en |editorial=Cambodian-Canadian Community in Calgary |autor=Ven. Vodano Sophan Seng}}</ref>
 
{{Cita centrada |Un deses templos — rival—rival do de Salomón, e erixido por algún antigo Miguel Anxo—, podería ocupar un honorable lugar entre os nosos edificios máis belos. É maior que calquera dos nosos legados de Grecia e Roma, e presenta un triste contraste co estado de barbarie no que agora se encontra sumida a nación.|autor=Henri Mouhot}}
 
No ano 1863, entre a visita de Mouhot e a publicación dos seus cadernos de viaxe, Cambodja converteuse en protectorado francés, e varios grupos de exploradores chegaron a Angkor: un dos primeiros foi o fotógrafo escocés John Thomson, que traballou tamén para a ''Royal Geographical Society'', e que despois de ler as crónicas de Mouhot decidiu visitar Angkor. En 1866 realizou unha serie de cincuenta fotografías, especialmente de Angkor Wat, que se publicaron un ano despois.<ref>{{Cita Harvard|Behnke|2008|p=13}}</ref> Estas fotos, xunto co libro de Mouhot, lanzaron definitivamente á fama o templo de Angkor Wat, mentres o número de viaxeiros e exploradores que chegaban a Angkor seguiu en aumento.
Liña 71:
Diversos equipos de varios países teñen participado, ou participan aínda, nos labores de restauración no templo: un equipo alemán encargouse de restaurar os relevos de [[apsara]]s; un equipo italiano encargouse do lago, e varios equipos xaponeses teñen realizado distintas intervencións, destacando as restauracións da esquina norte do muro oeste (iniciada en 1995)<ref>{{Cita web |url=http://www.autoriteapsara.org/en/apsara/about_apsara/projects/sophia.htm |título=Sophia Asia Center for Research and Human Development Projects |editorial=APSARA |dataacceso=20 de xuño de 2015 |lingua=en}}</ref> e da biblioteca norte.<ref>{{Cita Harvard|Freeman|2003|p=42}}</ref>
 
Do mesmo xeito que noutros templos de Angkor, a maioría dos labores de restauración lévanse a cabo mediante o método da "«reintegración"» ou anastilose;<ref name=moles /> un proceso de reconstrución consistente en recolocar as pezas orixinais derruídas, ou nalgúns casos mesmo en elaborar de novo as pezas faltantes —sempre e cando exista información suficiente para facelo fielmente—.<ref>{{Cita novas |url=http://www.bbc.co.uk/news/world-asia-19279491 |título=Restoring ancient monuments at Cambodia's Angkor Wat |nome=Guy |apelidos=De Launey |data=21 de agosto de 2012 |xornal=BBC |dataacceso=16 de agosto de 2015 |lingua=en}}</ref> Outra técnica empregada consiste en desmontar peza por peza o monumento para proceder á súa limpeza e/ou a súa consolidación, para posteriormente restituílo ao seu estado orixinal.
[[Ficheiro:Libraryangkorwat.JPG|miniatura|esquerda|Unha das bibliotecas. A pesar do seu nome, non hai certeza sobre a función orixinal destes edificios.]]
Mais os labores de restauración non sempre foron os máis axeitados: entre 1986 e 1992 o [[Servizo Arqueolóxico da India]] mantivo un proxecto para retirar toda a vexetación, musgo e liques achados nas pedras. Nesta limpeza o equipo indio empregou algúns produtos químicos daniños a medio prazo para a pedra, o que lles valeu críticas de varios arqueólogos occidentais.<ref name=criti>{{Cita novas |url=http://www.newscientist.com/article/mg12416864.000-the-battle-of-angkor-wat-cambodias-national-symbol.html |título=The battle of Angkor Wat: Cambodia's national symbol |data=14 de outubro de 1989 |dataacceso=20 de xuño de 2015 |editorial=New Scientist |nome1=Russell |apelidos1=Ciochon |nome2=Jamie |apelidos2=James |lingua=en}}</ref> Nos anos seguintes, o equipo alemán encargado das [[apsará]]s encontrou mostras desta deterioración nalgúns dos baixorrelevos.<ref>{{Cita web |url=http://web.archive.org/web/20090122180148/http://www.lonelyplanet.com/cambodia/siem-reap/sights/500562 |título=German Apsara Conservation Project |editorial=LonelyPlanet.com |dataacceso=20 de xuño de 2015 |lingua=en}}</ref>
Liña 77:
Recentemente alertouse sobre a presenza dunha bacteria que podería estar acelerando a degradación da superficie das pedras, e cuxa proliferación podería deberse á ausencia duns minúsculos liques eliminados durante os labores de limpeza e restauración.<ref>{{Cita web |url=http://www.southeastasianarchaeology.com/2008/07/01/conservation-the-war-on-the-microbiological-front/ |título=Conservation: The war on the microbiological front |editorial=The Southeast Asian Archaeology Newsblog |dataacceso=20 de xuño de 2015 |lingua=en}}</ref> Estas películas microbianas foron encontradas amais de en Angkor Wat en Preah Khan, en Bayon, e noutros templos de Angkor. A deshidratación e a resistencia á radiación das cianobacterias filamentosas poden producir ácidos orgánicos que degradan a pedra. Un fungo filamentoso negro foi encontrado en mostras internas e externas de [[Preah Khan]], mentres que a alga ''[[Trentepohlia (alga)|Trentepohlia]]'' foi encontrada só en mostras tomadas na pedra rosada exterior de Preah Khan.<ref>{{cita publicación periódica|título=Microbial biofilms on the sandstone monuments of the Angkor Wat Complex, Cambodia|xornal=Current Microbiology|data=Febreiro de 2012|páxinas=85–92|volume=64|autor1=Gaylarde CC|autor2=Rodríguez CH|autor3=Navarro-Noya YE|autor4=Ortega-Morales BO|doi=10.1007/s00284-011-0034-y|pmid=22006074|issue=2}}</ref>
 
Tampouco as primeiras intervencións francesas no templo estiveron exentas de críticas: varias das actuacións máis antigas, efectuadas sobre monumentos cuxa integridade estrutural estaba ameazada, resolvéronse de xeito apresurado e sen os medios axeitados. Como resultado, hoxe en día poden verse piares reforzados con abrazadeiras metálicas oxidadas, emplastos de formigón reenchendo ou mesmo rodeando piares danados, ou barras de aceiro embutidas na pedra;<ref name=criti /> unhas intervencións procedentes da época de Henri Marchal, e xeralmente desculpadas como un "«mal menor"».<ref name=ref_duplicada_6 /> Non obstante, unha das intervencións francesas máis criticadas foi a reconstrución dun antigo [[artesoado]] de madeira empregando formigón en lugar do material orixinal, unha obra realizada na galería sur do templo en tempos máis recentes. Ao parecer, o teito de madeira orixinal desapareceu na década de 1970, empregado polas guerrillas dos Khmers Vermellos para facer lume. Non foron estes os únicos danos contemporáneos que sufriu o templo: tamén un proxectil perdido estadounidense destruíu accidentalmente un dos pavillóns.<ref name=criti/> Non obstante, os maiores danos proceden da pillaxe e o contrabando de antigüidades que padeceu o templo nas últimas décadas, especialmente durante a década de 1990.<ref>{{Cita Harvard|Freeman|2003|pp=42-43}}</ref> Afortunadamente, a concienciación popular e a crecente vixilancia, tanto por parte gobernamental como pola UNESCO, parecen estar mellorando ostensiblemente a situación.<ref>{{Cita web |url=http://web.archive.org/web/20090304155511/http://portal.unesco.org/es/ev.php-URL_ID=2059&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html |título=Heritage: Angkor's role in the search for a lost unity |editorial=[[UNESCO]] |data=28 de maio de 2002 |dataacceso=20 de xuño de 2015 |lingua=en}}</ref>
 
== Arquitectura ==
[[Ficheiro:Angkor-wat-central.jpg|miniatura|Maqueta do templo central.]]
Dende un punto de vista estilístico, o templo está encadrado dentro do chamado "«estilo angkoriano"»,<ref>{{Cita Harvard|Freeman|2003|p=31}}</ref> que é a etapa artística máis madura e refinada na evolución da arquitectura khmer, así como a última de influencia hinduísta.
 
Os templos khmeres non se concibían como lugares para a reunión dos fieis, senón que servían de morada para os deuses, polo que tan só a elite relixiosa e política do país tiña acceso aos recintos centrais.<ref name=moles /> Angkor Wat presenta amais a particularidade de ser un templo cuxa finalidade última era a de servir de tumba para o rei. Esta formulación dos templos khmeres provoca que as súas zonas máis sagradas carezan de grandes entradas ou espazos cerimoniais, e que pola contra se centre a atención na percepción exterior do templo. Tanto as terrazas como as torres de Angkor Wat están deseñadas para ser percibidas harmoniosamente dende o exterior, e as súas alturas e modulación teñen en conta os efectos da [[Perspectiva (visión)|perspectiva]]. Nos ''prasat'' empréganse estratexias como a de reducir paulatinamente a altura das sucesivas terrazas ou o tamaño dos detalles na torre a medida que a construción se eleva: isto produce no observador a sensación de encontrarse ante unha construción máis alta do que realmente é.<ref>{{Cita Harvard|Freeman|2003|p=25}}</ref> Tamén a relación entre a distancia e a altura das torres de Angkor Wat está calculada para presentar unha escenificación homoxénea dende a entrada do templo, sen que os elementos máis próximos cheguen a ocultar os máis afastados.<ref>{{Cita Harvard|Albanese|2006|p=54}}</ref>
 
Angkor Wat materializa o esquema "«clásico"» do templo-monte khmer da etapa angkoriana, consistente nun ''prasat'' (templo piramidal) central, rodeado de varios patios concéntricos de altura descendente e forma cuadrangular (pois o cadrado simbolizaba a perfección),<ref>{{Cita Harvard|Albanese|2006|p=42}}</ref> e rematados nas súas esquinas con novos templos menores. Completan o conxunto dúas bibliotecas exentas en simetría co eixo central, sendo todo iso finalmente circunvalado por un novo muro e un lago.<ref>{{Cita Harvard|Freeman|2003|pp=23-24, 31}}</ref> Esta configuración recrea un microcosmos do universo hindú: o seu gran lago perimetral evoca os océanos, mentres que os distintos recintos concéntricos simbolizan as distintas alturas do [[monte Meru]]. Os ''prasats'' ou torres piramidais simulan os picos das montañas, sendo o ''prasat'' central o propio monte Meru, e os demais as montañas que o circundan.<ref>{{Cita Harvard|Freeman|2003|p=23}}</ref> O propio percorrido, coas súas sucesivas subidas a través de empinadísimas escaleiras, representa a ascensión ao monte.<ref>{{Cita Harvard|Freeman|2003|p=48}}</ref>
 
A construción, de 1&nbsp;500 × 1&nbsp;300 m de lado, ocupa unha extensión rectangular de aproximadamente 200 [[hectárea]]s, incluíndo un lago perimetral de 190 m de ancho. O complexo pode dividirse en dúas zonas diferenciadas: o gran recinto exterior delimitado polo muro perimetral, e a plataforma central sobre a que se elevan o conxunto de tres recintos concéntricos, e que constitúen o "«templo"» en si.<ref>{{Cita libro|título=Cambodia|lingua=en|apelidos=Welman|nome=Frans|ISBN=9786162450679|editorial=Booksmango|páxina=83}}</ref><ref>{{Cita libro|título=The Oxford Companion to Archaeology|lingua=en|apelidos=Silberman|nome=Neil Asher|ano=2012|editorial=OUP USA|ISBN=9780199735785|páxina=134}}</ref>
 
=== Características ===
Liña 106:
O núcleo de Angkor Wat, ou o templo principal, denomínase ''Bakan''. Este templo sufriu unha transformación a finais do século XVI para acomodarse aos requisitos das [[estupa]]s budistas.<ref name=apsara /> O templo apóiase sobre unha gran plataforma, e está dividido en tres recintos de altura crecente, delimitados por corredores columnados e con pavillóns nos extremos: o terceiro recinto, ou recinto exterior, carece de torres, e os seus relevos están adicados ao rei construtor do templo, Suryavarman II. Os recintos segundo e terceiro si posúen torres sobre os seus pavillóns. O recinto segundo carece de baixorrelevos, mentres que os relevos do primeiro están adicados ao deus Vishnú.<ref name=gris />
 
Aínda que os recintos son concéntricos, non son totalmente simétricos: entrando polo leste existe máis espazo entre o segundo e o terceiro recinto (o máis exterior). Neste lado abríronse tres entradas en lugar da única entrada practicada no resto de orientacións. Tres galerías comunican o terceiro recinto co segundo, continuando cada unha das tres entradas do lado leste. Unha galería conecta perpendicularmente as tres galerías polo seu punto medio, creando unha estrutura cruciforme denominada ''Preah Poan''.<ref name=apsara /> Entre as galerías de Preah Poan aparecen catro foxos que orixinalmente estaban inundados e que eran empregados con fins rituais. Nos séculos posteriores, esta zona do templo adquiriu especial relevancia, ao servir como lugar de almacenamento para multitude de estatuas de Buda, recibindo o nome de "«galería dos mil budas"».<ref name=ref_duplicada_10>{{Cita Harvard|Albanese|2006|p=168}}</ref> A gran maioría destas estatuas foron saqueadas, ou retiradas por motivos de seguridade a principios da década de 1970.<ref>{{Cita Harvard|Freeman|2003|p=51}}</ref> Ao norte e sur do Preah Poan aparecen dúas novas bibliotecas exentas.
[[Ficheiro:Angkor Wat, Camboya, 2013-08-16, DD 095.JPG|miniatura|esquerda|200px|Escaleiras de acceso ao primeiro recinto.]]
 
Accédese ao segundo recinto subindo unhas empinadas escaleiras, que segundo a iconografía hindú simbolizan o ascenso á montaña dos deuses. No segundo recinto, de 115 × 100 m, tamén aparecen dúas novas bibliotecas máis pequenas. Este segundo recinto ou nivel xa non era accesible para o pobo, polo que a súa arquitectura cambia: os muros exteriores son cegos, e a galería só se abre ao interior mediante fiestras atravesadas por columnas de complexo relevo. Dentro do segundo recinto aparece a plataforma do recinto central, elevada entre 11 e 13 metros segundo as distintas fontes, e á que se accede mediante empinadísimas escaleiras con pendentes en torno aos 70º°,<ref name=ref_duplicada_8>{{Cita Harvard|Albanese|2006|p=170}}</ref> salvo no lado oeste, seguindo a dirección principal, onde a pendente é de 50º°.<ref name=ref_duplicada_11 />
 
O primeiro recinto, accesible só para o rei e o sumo sacerdote, é un cadrado de 60 metros de lado que contén, dispostos en [[quincuncio]], os cinco ''prasat'' ou templos piramidais que representan os picos do monte Meru.<ref name=ref_duplicada_7>{{Cita Harvard|Albanese|2006|p=172}}</ref> Os cinco templetes están conectados entre si mediante novos corredores que xeran catro patios, similares aos do ''Preah Poan''. O ''prasat'' central é maior que os demais, e na súa base alberga un amplo nicho de 4,6 m de lado onde se aloxaba unha estatua de Vishnú.<ref>{{Cita Harvard|Freeman|2003|p=22}}</ref> O nicho dispuña orixinalmente de aperturas aos catro puntos cardinais, mais logo da reconversión ao culto budista, trasladouse a estatua e cegáronse as portas para esculpir nelas imaxes de Buda.
Liña 137:
:Nos seus 64 m, mostra a escena do xuízo de [[Yama]], o deus da morte hindú, separando os merecedores do ceo e do inferno, así como escenas dos 37 ceos e os 32 infernos da relixión hindú.<ref name=apsara />
* Batido do océano de leite.
:Un friso de 49 m que representa a exótica pasaxe do ''[[samudra manthana]]''; unha escena do ''[[Bhāgavata purāṇa|Bhagavata-Purana]]'' na que os deuses e os [[Asura (hinduísmo)|asuras]] se unen para bater o mítico "«océano de leite"» (''kshirodadhi''), empregando para iso unha montaña e a ''Vasuki'', a raíña das ''nagas'', como corda para facela xirar. O relevo mostra como unha vez que, logo de bater o océano durante milleiros de anos, aparece unha copa chea de ''amrita'' ou néctar da inmortalidade, os deuses e os asuras comezan a pelexar por ela.
* Vitoria de [[Vishnú]] sobre os [[Asura (hinduísmo)|asuras]].
:Mostra a Vishnú loitando contra un exército de asuras. É un relevo máis tardío e de inferior calidade artística.