Darío Álvarez Limeses: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Fillo de [[Emilio Álvarez Giménez]] e irmán de [[Xerardo Álvarez Limeses]], licenciado en Medicina pola [[Universidade de Santiago de Compostela]], afincouse en [[Tui]] como médico en [[1905]]. Alí, paralelamente ao seu labor asistencial exerce un traballo xornalístico, social e político: Colaborou e presidiu diferentes sociedade culturais coma a Sociedade Artística ou a Venatoria; dirixiu o semanario ''[[La Opinión (Tui)|La Opinión]]'' e colaborou nos periódicos ''[[La Integridad]]'' e ''[[La Correspondencia Gallega]]''. Casou con María Blázquez Ballester o [[15 de xuño]] de [[1907]]. Tiveron seis fillos: [[Darío Álvarez Blázquez|Darío]] (1910), Celso (1913), [[Xosé María Álvarez Blázquez|Xosé María]] (1915), Alfonso (1917), [[Emilio Álvarez Blázquez|Emilio]] (1919) e Álvaro (1921).
 
Na [[Segunda República Española|República]] foi membro da [[Izquierda Republicana]]. Coa [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] foi parte activa da resistencia miñota, foi encarcerado e posteriormente fusilado na alameda tudense o 30 de outubro de 1936.