Domesticación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 79:
É posible que a domesticación pasase por unha fase de [[mutualismo]] entre animais e seres humanos, é dicir, un achegamento e unha axuda mutua. De feito, esta relación obsérvase aínda hoxe no can paria, e crese que foi unha etapa da domesticación do [[porco]].
 
Diversas especies foron obxecto dunha tradición de [[cinexética|caza]] que posteriormente evolucionaron cara un control das poboacións, e unha xestióxestión de poboación salvaxe razoable. Esta caza podería terse convertido en selectiva, escollendo, por exemplo, os animais meirandes e os machos con proporcións máis grandes, e conducindo cara un tipo de gandería extensiva, máis intensificada. Todos estes estadios practícanse actualmente cos [[reno]]s en diferentes rexións. Este proceso semella ter afectado a diferentes especies, entre as cales destacan as [[cabra]]s, as [[ovella]]s, e pequenos [[camélidos]] como as [[llama]]s.<ref name="Digard"/>
 
Finalmente, a gandería podería ter comezado sinxelamente con animais capturados e despois criados en estrita catividade. Este é o caso da maioría de domesticacións recentes ou contemporáneas. É nesta situación que o control e a selección poden ser máis fortes, facendo posible unha transformación máis rápida das especies seleccionadas. O guión de domesticación dunha especie podería ter ocorrido segundo un destes esquemas ou ter sido unha combinación simultánea ou sucesiva.