Abrir o menú principal

Cambios

m
Finalmente, a gandería podería ter comezado sinxelamente con animais capturados e despois criados en estrita catividade. Este é o caso da maioría de domesticacións recentes ou contemporáneas. É nesta situación que o control e a selección poden ser máis fortes, facendo posible unha transformación máis rápida das especies seleccionadas. O guión de domesticación dunha especie podería ter ocorrido segundo un destes esquemas ou ter sido unha combinación simultánea ou sucesiva.
 
No caso do [[coello]], as etapas da domesticación foron establecidas na [[Idade Media]], que constitúen unha reserva de caza. Con algúns destes coellos practicouse unha selección, permitida pola captura dos animais vivos grazas ós [[furón]]s. Esta selección conduciu á aparición das primeiras variedades de coello durante o século XVI, que se distinguen pola súa cor e o seu tamaño.<ref name="lapin">Van Damme, Dirk; Ervynck, Anton: ''Furets et lapins médiévaux au château de Laarne (Flandres orientales, Belgique). Contribution à l'histoire d'un prédateur et de sa proie'', Université de Liège, 1991, {{ISSN| 077724913}}. ''citado en [http://promethee.philo.ulg.ac.be/zoologica/lbodson/bibl/Resumes03.html Promethee.philo]''.</ref> A gandería intensificouse e a forte selección levou a unha gran variabilidade de razas domésticas. O comportamente do coello de gandería evolucionou probablemente de xeito conxunto por mor dunha selección de animais menos salvaxes, puidendo ter sido unha selección tan intencional como indirecta; os animais máis difíciles de recapturar non podían ser dados a novos criadores.
 
As prácticas de cría e de selección que se poden observar ó longo da historia poden dar unha idea de como se desenvolveu o proceso de domesticación. Son prácticas moi variadas, igual que o són os coñecementos e representacións que teñen os criadores dos mecanismos da herdanza e da influencia que podían exercer sobre unha poboación animal. Algúns deles facían unha selección metódica dentro dun rabaño, mentres que outros non concibían a influencia que podía ter a elección dos reprodutores nos seus produtos, dentro dunha especie ou variedade. Con todo, estes criadores podían ver o interese de adquirir unha nova lñaxe ou efectuar cruzamentos con animaos de orixe diferente e participar así na súa difusión.