Domesticación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 93:
=== Aspecto biolóxico ===
[[Ficheiro:Cows in green field - nullamunjie olive grove03.jpg|dereita|miniatura|350px|Vacas da raza [[hereford]], seleccionada para a produción de carne.]]
O proceso de domesticación comeza cando un número limitado de animais son illados doutros individuos da especie salvaxe. Esta poboación pode experimentar un fenómeno de microevolución, por mor da adaptación ás condicións da gandería e da selección humana.<ref>Achilles Gautier, ''Domestication animale et animaux domestiques prétendument oubliés'', Université de Liège, 1991, {{ISSN| 077724913}}, citado en [http://promethee.philo.ulg.ac.be/zoologica/lbodson/bibl/Resumes03.html Promethee.philo].</ref> Esta evolución está marcada pola aparición de trazos domésticos, é dicir, dos novos carácteres considerados como [[mutación]]s xenéticas conservadas, mentres que os [[alelos]] que os portan seguirían a ser raras ou terían sido eliminadas pola selección natural en estado salvaxe.
 
Trátase de carácteres morfolóxicos, como po exemplo un tamaño meirande ou máis cativo que o da especie salvaxe, coloracións novas, o pelo longo, rizado ou o rabo acurtado. Tamén son carácteres fisiolóxicos, como o aumento da fecundidade ou a precocidade do crecemento. Obsérvase tamén a perda de carácteres morfolóxicos com os [[corno]]s nalgunhas razas de cordeiro, ou de aptitudes como unha diminución da mobilidade, da velocidade de carreira ou da capacidade de [[voo]], así como a perda de aptitudes comportamentais. Isto fundamenta unha interpretación da domesticación como unha alteración do xenotipo, cousa que é indiscutible no caso do [[albinismo]]. [[Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon|Buffon]] describe a domesticación como unha dexeneración.<ref>Patricia Pellegrini, ''De l'idée de race animale et de son évolution dans le milieu de l'élevage'', Ruralia, maio de 1999 ([http://ruralia.revues.org/document112.html Versión en liña]).</ref> A variabilidade morfolóxica é importante en certas especies, e moito menos noutras coma o [[camelo bactriano]]. Tamén se interpretan as transformacións da domesticación co concepto de [[neotenia]], segundo a cal os carácteres morfolóxicos (como as orellas que colgan) ou condutistas (como o agarimo), orixinalmente propios dos estadíos xuvenís, mantéñense até a idade adulta.