Abrir o menú principal

Cambios

Foron utilizadas tres linguas diferentes na escrita dos diversos libros da Biblia: o [[lingua hebrea|hebreo]], o [[Lingua grega|grego]] e o [[lingua aramea|aramaico]]. En hebraico foi escrito todo o [[Antigo Testamento]], con excepción dos libros chamados [[deuterocanónicos]] que se escribiron en grego, e dalgúns capítulos do libro de [[Daniel]], que foron redactados en aramaico. En grego, alén dos xa referidos libros deuterocanónicos do Antigo Testamento, foi escrito todo o Novo Testamento, agás unhas poucas expresións en arameo que atopamos nos evanxeos.
 
Debido ao seu longo proceso de elaboración, que abrangue un periodoperíodo duns 800 anos, o hebraico utilizado na Biblia non é todo igual. Atopamos nalgúns libros o hebraico clásico (Ex. libros de Samuel e Reis), noutros un hebraico máis rudimentario e noutros aínda, especialmente os últimos en seren escritos, un hebraico elaborado, con termos novos e influencia doutras linguas veciñas.
 
Pola contra, o grego do Novo Testamento que foi escrito nun periodoperíodo duns 70 anos, a pesar das diferenzas de estilo entre os libros, corresponde ao chamado grego Koiné, istóisto é, o grego común falado entón máis ou menos en todo o oriente do Imperio Romano.
 
== As versións da Biblia ==