Diferenzas entre revisións de «Helene Mayer»

m
Bot: Substitución automática de texto (-Amsterdam +Ámsterdam)
(categorias)
m (Bot: Substitución automática de texto (-Amsterdam +Ámsterdam))
Pertencía a unha familia de clase media, segunda filla dos tres que terían Ludwig e Ida. Helene dende pequena destacou nalgúns deportes e practicou [[ballet]] ata [[1923]]. O seu irmán Eugen comezou a practicar esgrima Animado polo seu pai, que era un médico xudeu e cando era novo fora esgrimista. Ela tamén quixo probar e tiraba contra o seu irmán no patio da casa ata que empezou adestrar baixo as ordes do "cavaliere" [[Arturo Gazzerano]] no Fechtclub Offenbach da súa cidade natal.
 
En [[1924]] participou no Campionato Alemán Senior a [[florete]] e quedou 2ª. Un ano despois, en [[1925]], gañou o título, fazaña que repetiría durante seis anos. En [[1929]] gañou o Campionato Europeo de [[Nápoles]] e o de [[1931]] en [[Viena]], derrotando á campioa austríaca [[Ellen Preis]] na final. En [[1928]] "Hee Blonde" (He a Loira) ganou a medalla de ouro nas [[Olimpíadas]] de [[AmsterdamÁmsterdam]] e en [[1932]] viaxou ós [[Los Angeles|Angeles]] para defender o título. Pouco antes de que comezara o torneo chegoulle a noticia da morte do seu mozo. O ouro foi para Ellen Preis, ela conformaríase co 5º posto.
Contemporaneamente, dende [[1929]] Helene desenvolveu os seus estudos de Dereito Internacional en [[Frankfurt am Main]] para despois trasladarse á [[Sorbona]] de [[París]]. Pouco antes dos Xogos dos Angeles recibira unha bolsa para estudar na costa Oeste no Scripps College de [[California]]. Alí desenvolveu unha vida universitaria brillante mentres continuaba coa práctica da esgrima participando nos Campionatos Americanos, onde obtivo o primeiro posto en florete en [[Chicago]] en [[1933]] e en [[Nova York]] en [[1934]]. En total vencería en oito ocasións.
393.002

edicións