Diferenzas entre revisións de «Pieter Saenredam»

m
Bot: Substitución automática de texto (-Amsterdam +Ámsterdam); cambios estética
m (Bot: Substitución automática de texto (-Amsterdam +Ámsterdam); cambios estética)
'''Pieter Jansz Saenredam''', nado en [[Assendelft]] o [[9 de xuño]] de [[1597]] e soterrado en [[Haarlem]] o [[31 de maio]] de [[1665]], foi un pintor [[Países Baixos|neerlandés]], especializado na pintura de igrexas. ''Saenredam'' era o nome naquela altura da actual cidade holandesa de [[Zaandam]].
 
== Traxectoria ==
'''Pieter Jansz Saenredam''' era fillo do impresor e debuxante de mapas [[Jan Saenredam]], con quen se iniciou na arte. Desde 1612 ata 1622 foi discípulo e axudante do pintor [[Pieter de Grebber]]. Logo de 1623 traballou como pintor independente. Despois para o seu amigo, o arquitecto [[Jacob van Campen]], pintou vistas arquitectónicas. No seu repertorio figuran vistas interiores e exteriores de igrexas do Norte holandés. ''Saenredam'' vivíu en [[’s-Hertogenbosch]], [[Assendelft]], [[Alkmaar]], [[Utrecht]], [[AmsterdamÁmsterdam]] e [[Rhenen]], pero principalmente traballou en [[Haarlem]], onde faleceu en 1665.
 
== Método de traballo ==
Contemporáneo de [[Rembrandt van Rijn|Rembrandt]], é lembrado pola sorprendente modernidade das súas pinturas de igrexas. Saenredam conseguía ese aspecto tan moderno con as súas medicións meticulosas e cos esbozos previos que facía dos templos que desexaba pintar. Utilizaba lapis, pluma e xiz, aos que engadía acuarela que axudaba a obter a textura e colorido nos esbozos, os cales eran moi minuciosos nos detalles arquitectónicos. Conseguía a atmofera especial dos interiores con un intelixente uso da luz e unha distribución gradual das sombras. De modo deliberado, Saenredam deixaba as igrexas baleiras de xente, para lograr que o foco de atención do espectador se dirixise sobre os edificios e as súas formas arquitectónicas. Só despois do elborado traballo de medicións e precisos debuxos das igrexas, o pintor regresaba ao seu estudo onde creaba as pinturas.
 
=== Obras principais ===
Consérvanse en total arredor de 50 pinturas de Saenredam. Velaí as principais:
 
393.002

edicións